26__Memoria de xustificacion da necesidade.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Concello de Ortigueira MEMORIA XUSTIFICATIVA DA NECESIDADE DO CONTRATO Expte.: 887/2026 Procedemento: Contratacións. Rehabilitación do mercado municipal de Ortigueira De conformidade co artigo 28 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (LCSP), emítese o presente INFORME XUSTIFICATIVO DA NECESIDADE DO CONTRATO, características e importe calculado, co fin de posibilitar a elaboración dos correspondentes pregos de condicións administrativas. 1. OBXECTO E NECESIDADES ADMINISTRATIVAS A SATISFACER 1.1. Obxecto Obras comprendidas no proxecto técnico titulado “Rehabilitación do mercado municipal de Ortigueira”, cun orzamento total de 227.100,92 euros IVE incluído, redactado polo arquitecto técnico Francisco Javier Dopico Rodríguez, colexiado nº 1998 do COAATAC, e asinado dixitalmente o día 02.02.2026. O proxecto corrixido foi achegado ao Concello con data 06.08.2026, segundo consta no informe técnico para contratación. O proxecto foi aprobado mediante Decreto da Alcaldía de data 14.08.2026. 1.2. C.P.V. De acordo co informe técnico para contratación, os códigos CPV correspondentes ao obxecto contractual son:  45453000-7 – Traballos de revisión e reacondicionamento — CPV principal.  45310000-3 – Traballos de instalación eléctrica.  45330000-9 – Traballos de fontanería.  45331000-6 – Traballos de instalación de calefacción, ventilación e aire acondicionado.  45312100-8 – Traballos de instalación de sistemas de alarma contra incendios.  45314320-0 – Traballos de instalación de cableado informático.  45421100-5 – Traballos de instalación de portas, ventás e elementos conexos.  45421146-9 – Traballos de instalación de falsos teitos.  45430000-0 – Traballos de revestimento de chans e paredes.  45442100-8 – Traballos de pintura. 1.3. Xustificación da necesidade do contrato O Concello de Ortigueira conta cun Mercado Municipal, situado na Alameda de Santa Marta de Ortigueira, que constitúe un equipamento municipal destinado ao desenvolvemento da actividade Concello de Ortigueira Plaza de Isabel II, s/n, Ortigueira. 15330 (A Coruña). Tfno. 981400000. Fax: 981402536 WGYFA2MS33Y3LG3A4JHY4DZY4 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.arieugitro//:sptth :nóiccerroC 9 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.