27__Pliego de clausulas administrativas.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
Concello de Ortigueira PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES (PCAP) QUE HA DE REXER A CONTRATACIÓN DE OBRAS POLO CONCELLO DE ORTIGUEIRA MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO I. DISPOSICIÓNS XERAIS CLÁUSULA 1. OBXECTO E CUALIFICACIÓN DO CONTRATO 1.1 Obxecto Este prego ten por obxecto regular a contratación da execución das obras comprendidas no proxecto técnico que se cita no apartado “C” do CADRO RESUMO-PCAP, estando integrado polos documentos enumerados no artigo 233 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de Contratos do Sector Público (en diante LCSP), incluído o correspondente estudo de Seguridade e Saúde, de acordo co previsto no art. 4 do Decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acordo co previsto no art. 4 do R.D. 105/2008 O obxecto deste contrato correspóndese cos códigos CPV (Vocabulario Común de Contratos) da Comisión Europea que constan no citado apartado “C” do CADRO RESUMO-PCAP O devandito proxecto, segundo resulta da documentación do expediente, consta de cantos documentos son esixidos no artigo 233 da LCSP contemplándose na súa elaboración o preceptuado no Libro II, Título I, Capítulo II, Sección 2ª do RGLCAP. 1.2 Cualificación Este contrato ten a cualificación de contrato administrativo de obra de conformidade co disposto no artigo 13 da LCSP. Para os efectos deste prego e da LCSP están suxeitos a regulación harmonizada os contratos de obras cuxo valor estimado sexa igual ou superior á cantidade que figura no art. 20.1 LCSP. Atendendo ao seu valor estimado, o contrato estará ou non estará suxeito a regulación harmonizada segundo o indicado no apartado correspondente do CADRO RESUMO-PCAP. 1.3 Necesidades administrativas a satisfacer co contrato proxectado. Mediante a execución deste contrato preténdense satisfacer as necesidades administrativas descritas no apartado “C” do CADRO RESUMO-PCAP 1.4 Lotes. O presente contrato, de ser o caso, será obxecto de división en lotes nos termos indicados no apartado “C” do CADRO RESUMO-PCAP: CLÁUSULA 2. RÉXIME XURÍDICO E XURISDICIÓN 2.1 Réxime xurídico. Concello de Ortigueira Plaza de Isabel II, s/n, Ortigueira. 15330 (A Coruña). Tfno. 981400000. Fax: 981402536 NGTJJPL9ZNPN7CDKCRHTWLDT7 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.arieugitro//:sptth :nóiccerroC 93 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.