Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
CONTRATACION E PATRIMONIO ASINADO POR Expediente 1412382R NIF: P1503100H MEMORIA XUSTIFICATIVA DO CONTRATO: REHABILITACIÓN DE PAVIMENTOS E ACONDICIONAMENTO DE SERVIZOS MUNICIPAIS NA RÚA CATAS (VP-115), RÚA PEDRUCO (VP-120) E RÚA ARCEBISPO XELMÍREZ (VP-202) De conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE y 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en adiante, LCSP), emítese a presente memoria xustificativa: 1. Necesidade da administración que se pretende satisfacer A rehabilitación do pavimento proxectada está motivada polo actual estado deteriorado do firme en xeral destes viáis. Esta situación maniféstase basicamente en dúas vertentes: -Falta de homoxeneidade do firme por mor de numerosos parches orixinados por bacheos e marcas de canalizacións executadas na zona nos últimos anos. - Existencia de numerosas superficies gretadas que fan necesaria unha rehabilitación do firme. Todo iso, xera incomodidade na circulación, debido ás vibracións e ruídos xerados polos vehículos, e por conseguinte, unha diminución na seguridade viaria dos vehículos de motor e peóns que transitan sobre a devandita infraestrutura. Doutra banda, a renovación de firmes prevista mediante a execución dunha nova capa de rodadura coloreada, dará homoxeneidade e continuidade á solución executada na Rúa Catas en fases anteriores. Con esta renovación do firme en cor similar ao existente, conseguirase tamén a humanización da contorna ao completo, onde o peón será o protagonista e terá prioridade fronte ao tráfico rodado. Ademais, a pedimento dos técnicos municipais redefinirase a rede de drenaxe en todas as rúas e renovarase a rede de iluminación pública na Rúa Catas. Finalmente, ademais da posta a cota de tapas, arquetas, pozos e reixas, adaptarase a sinalización horizontal e vertical á nova configuración do ámbito e instalaranse bancos e papeleiras nos puntos sinalados nos planos 2. Elección do procedemento de licitación. Prazo de execución Proponse a tramitación ordinaria do expediente de contratación, por procedemento aberto, utilizando un único criterio de adxudicación. A Lei de Contratos creou un procedemento, denominado aberto simplificado, coa vocación de converterse nun procedemento moi áxil que polo seu deseño debería permitir que o contrato estivese adxudicado no prazo dun mes desde que se convocou a licitación. Este proceso de contratación está concibido para que a súa duración sexa moi breve e a tramitación moi sinxela, pero sen descoidar, a necesaria publicidade e transparencia no procedemento de licitación do contrato. Considerando que o valor estimado é inferior a 2.000.000euros e que entre os criterios de adxudicación previstos no prego non hai ningún avaliable mediante xuízo de valor, é posible utilizar o procedemento aberto simplificado (apartado 1 do artigo 159 LCSP). Prazo de execución: O establecido no proxecto de obra. 3. Clasificación esixida aos participantes En razón da contía do contrato (obras: valor estimado > 500.000) de acordo co disposto polo artigo 77.1a) LCSP, non será esixible que os licitadores estean debidamente clasificados como contratista de obras. 4. Criterios de solvencia técnica ou profesional e económica e financeira CONCELLO DE CULLEREDO Código Seguro de Verificación: L2CA ANUN CX4V QQQ9 4MKW

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.