Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CONTRATACION E PATRIMONIO ASINADO POR Expediente 1412382R NIF: P1503100H PROVIDENCIA DE INCOACIÓN DE EXPEDIENTE Vistos os seguintes feitos e antecedentes que fan necesario a incoación de oficio e tramitación do expediente por parte deste Servizo: - O Pleno municipal en sesión extraordinaria de data 13 de maio de 2025 aprobou a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+2025” da Deputación Provincial da Coruña, e a inclusión no mesmo, entre outras, da execución no Plan da obra de “Rehabilitación de pavimentos e acondicionamento de servizos municipais na rúa Catas (VP-115), rúa Pedruco (VP-120) e rúa Arcebispo Xelmírez (VP202)”, cun importe de 240.453,06€. - O Pleno da deputación, na sesión ordinaria realizada o 30 de maio de 2025 en relación co acordo do 27 de xuño de 2025, aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2025 e o seu Plan Complementario, no que se inclúe, entre outros, o investimento, do Concello de Culleredo, denominado “Rehabilitación de pavimentos e acondicionamento de servizos municipais na rúa Catas (VP- 115), rúa Pedruco (VP-120) e rúa Arcebispo Xelmírez (VP-202)” co código 2025.2000.0242, cun orzamento de contrata de 240.453,06 €. O 26 de maio de 2026 mediante Resolución da Presidencia da Deputación número 2026/23829 acordouse considerar cumpridas as condicións ás que foi sometido este investimento toda vez que o concello presentou a documentación xustificativa do seu cumprimento e, en consecuencia, aprobar definitivamente este investimento dentro do Plan. - De acordo co sinalado na descrición do proxecto redactado polo enxeñeiro Alejandro López Pérez, con esta obra preténdese a rehabilitación do pavimento motivado polo actual estado de deterioro do firme en xeral destes viais. Esta situación maniféstase basicamente en dúas vertentes: • Falta de homoxeneidade do firme por mor de numerosos parches orixinados por bacheos e marcas de canalizacións executadas na zona nos últimos anos. • Existencia de numerosas superficies gretadas que fan necesaria unha rehabilitación do firme. Todo iso, xera incomodidade na circulación, debido ás vibracións e ruídos xerados polos vehículos, e por conseguinte, unha diminución na seguridade viaria dos vehículos de motor e peóns que transitan sobre a devandita infraestrutura Doutra banda, a renovación de firmes prevista mediante a execución dunha nova capa de rodadura pintorlada, dará homoxeneidade e continuidade á solución executada na Rúa Catas en fases anteriores. Con esta renovación do firme en cor similar ao existente, conseguirase tamén a humanización da contorna ao completo, onde o peón será o protagonista e terá prioridade fronte ao tráfico rodado. Ademais, a pedimento dos técnicos municipais redefinirase a rede de drenaxe en todas as rúas e renovarase a rede de iluminación pública na Rúa Catas. Finalmente, ademais da posta a cota de tapas, arquetas, pozos e reixas, adaptarase a sinalización horizontal e vertical á nova configuración do ámbito e instalaranse bancos e papeleiras nos puntos sinalados nos planos. Segundo o anterior, a trazos xerais, as obras incluídas neste proxecto consisten na execución das seguintes actuacións: 1. Rehabilitación dos pavimentos en xeral 2. Dotación dunha nova rede de pluviais: as Rúas Catas e Arcebispo Xelmírez carecen dunha rede de pluviais canalizada

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.