Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CONTRATACION E PATRIMONIO ASINADO POR Expediente 1864065E NIF: P1503100H PROVIDENCIA DE INCOACIÓN DE EXPEDIENTE Vistos os seguintes feitos e antecedentes que fan necesario a incoación de oficio e tramitación do expediente por parte deste Servizo: - O Pleno municipal en sesión extraordinaria de data 06 de febreiro de 2026 aprobou a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2026” da Deputación Provincial da Coruña, e a inclusión no mesmo da execución no Plan da obra de “Rehabilitación de firmes en Almeiras (Eladio de la Iglesia – Pelamios - Silva)”, cun importe de 285.390,26 €. A Deputación Provincial comunica ao Concello que o proxecto correspondente ao investimento mencionado no parágrafo anterior presenta deficiencias que deben ser subsanadas. Logo da súa subsanación, o Pleno municipal en sesión ordinaria de data 28 de abril de 2026 acordou modificar o acordo de participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS POS+ 2026) da Deputación Provincial da Coruña e participar no citado plan incluíndo, entre outros, a execución no Plan da obra de “Rehabilitación de firmes en Almeiras (Eladio de la Iglesia – Pelamios - Silva)”, cun importe de 286.992,46 €. - O Pleno da Deputación, na sesión ordinaria realizada o 29 de maio de 2026 aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+2026, no que se inclúe o investimento do Concello de Culleredo denominado Rehabilitación de firmes en diversos viais en Almeiras (Eladio de la Iglesia – Pelamios – Silva co código 2026.2000.0129.0, cun orzamento de contrata de 286.992,46 €. - De acordo co sinalado no proxecto de obra preténdese realizar as obras necesarias para a rehabilitación do firme dos viais rúa Silva (VP-111), rúa Eladio de la Iglesia Doldán (VP-102) e rúa Pelamios (VP-111), que se atopan deteriorados na actualidade así como a renovación da rede de abastecemento. Para corrixir estas deterioracións nos firmes existentes, levaranse a cabo as seguintes actuacións: 1. Rehabilitación superficial de firme, mediante estendido dunha nova capa de rodadura de 3 cms de espesor de MBC tipo BBTM 11A (F10), previa extensión dun rega tipo C60BP3 TER termoadherente para regas de adherencia modificada, sobre firme existente. Nesta unidade inclúese o fresado lateral naqueles puntos nos cales sexa necesario axustar a rasante, por mor da drenaxe do vial ou por axuste de cotas con respecto a bordos. 2. Reparación de superficies danadas detectadas na inspección visual, mediante a execución dun bacheo que, tras o fresado do firme, consistirá no estendido dunha capa intermedia de 5 cm de espesor cunha M.B.C. tipo AC 22 BIN BC 50/70 S previa extensión dunha rega de adherencia. Sobre esta capa intermedia posteriormente executarase a nova rodadura prevista (actuación 1). Unha vez rehabilitados todos os firmes, repoñerase a sinalización horizontal e vertical. Antes da renovación dos firmes instalaranse as tubaxes de abastecemento segundo o proxecto da Xunta de Galicia “MELLORA DA REDE DE ABASTECEMENTO EN ALMEIRAS, ALVEDRO, O Burgo E VILABOA. CULLEREDO (A Coruña) CLAVE OH.215.1148”, facilitado polo Concello de Culleredo. Seguindo este proxecto, contémplase a renovación do tubo de fibrocemento de 250 mm de diámetro dando

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.