Actos públicos informativos o de aperturas de ofertas

Otros Documentos Ver licitación
Avda. de Algeciras, nº. 34 - 15510 NEDA. - Tfno.: 981.380039 // 981.380222. - Fax: 981.385600 - correo@neda.gal CERTIFICACIÓN DE ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Alejandro R. Antelo Martínez, Secretario Xeral deste Concello de NEDA.- CERTIFICA: Que a Xunta de Goberno deste concello na súa sesión levada a cabo o 28.08.2026, co quórum regulamentario, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: “9.a) Proposta de aprobación do expediente de contratación da obra: Reforma e adecuación de arquivo e pintado de fachadas na Casa da Cultura de Neda – Incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ Adicional 2/2025 (Exp. TEDeC 2026/C003/000002).- A Xunta de Goberno Local coñece da proposta da Alcaldía que seguidamente se transcribe: “O 23.02.2026 o Alcalde ditou a providencia de inicio e aprobación do expediente de contratación do contrato de referencia, que copiado di: “O 29.12.2025 a Xunta de Goberno Local tomou coñecemento da Circular sobre a aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+Adicional 2/2025 (expediente TEDEC 2025/A008/000020) da Deputación Provincial da Coruña, que comunica que o Pleno da Deputación, na súa sesión ordinaria do 21.12.2025, aprobou o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+ Adicional 2025, no marco das súas Bases reguladoras aprobadas no Pleno do 29.11.2024, en relación co acordo plenario do 31.01.2025, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 233. do 03.12.2024), que tiveron una modificación aprobada mediante acordo plenario do 03.10.2025, en relación coa Resolución da Presidencia núm. 51389, do 03.11.2025, coa finalidade de engadir a base 15 para regular o POS+Adicional 4/2025, cuxo texto íntegro foi publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 192, do 08.10.2025) e autoriza ao Concello de Neda para poder iniciar a adxudicación e posterior execución do proxecto, segundo se detalla: ACHEGA IVE TOTAL CÓDIGO DE DENOMINACI DEPUTACI ORZAMEN MUNICIP DEDUCIB CONCELL OBRA ÓN ÓN TO TOTAL AL LE O Reforma e adecuación do arquivo e 2025.2102.067 pintado de 52.715,35 26.560,41 0,00 26.560,41 79.275,76 7.0 fachadas na Casa da Cultura de Neda O 18.02.2026 a Xunta de Goberno Local tomou coñecemento da Circular complementaria sobre a aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ Adicional 2/2025 (expediente TEDEC 2025/A008/000020) da Deputación Provincial da Coruña, que comunica que despois da súa exposición pública mediante a publicación dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 246 do 24.12.2025), e logo de que transcorrera o prazo de 10 días de exposición e información pública e de remisión do expediente a informe da Administración estatal e autonómica sen que se presentase reclamación ou alegación ningunha, o dito Plan considerase definitivamente aprobado. Por todo isto, considero axeitado iniciar o expediente de contratación da obra de referencia. De acordo co artigo 116.4 Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ó ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, (BOE núm. 272 do 09.11.2017), (en adiante LCSP) xustifícanse os seguintes extremos desta contratación:

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.