Informe de criterios de adjudicacion

Otros Documentos Ver licitación
EXPTE.: 8382/2026 (46/2026): OBRA: “RECUPERACIÓN TRAMO URBANO REGO LAVAPANOS - PLAN MAIS PROVINCIA 2026 – 2027” EXPTE. CONCELLO SUBVENCIÓN Nº: 2488/2026 EXPTE. DEPUTACIÓN Nº: 2026027246 ASUNTO: INFORME CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN E ATRIBUCIÓN DE PUNTUACIÓNS. No Concello de Sanxenxo está a tramitarse un procedemento para a contratación da execución da obra de “Recuperación Tramo Urbano Rego Lavapanos”, actuación ao abeiro do Plan Mais Provincia 2026-2027 da Deputación Provincial. En cumprimento do disposto no artigo 116.4.c) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (en diante, LCSP), emítese o seguinte informe xustificativo dos criterios que se terán en consideración para adxudicar o contrato. Os criterios de adxudicación que se recollerán no prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP) escóllense na procura dunha mellor calidade e unha maior eficacia na execución do contrato, buscando adecuar o obxecto do mesmo ás necesidades definidas pola Administración e garantindo, en todo caso, a máxima concorrencia e liberdade de acceso. De acordo co proxecto técnico redactado, o obxectivo desta actuación é a transformación dun espazo público degradado dentro do tecido urbano coa finalidade de mellorar as condicións medio ambientais e alcanzar un desenrolo sostible. Tendo en conta as partidas do proxecto técnico e sempre garantindo unha mellor relación calidade-prezo na adxudicación do contrato, os parámetros ou criterios de adxudicación que se propoñen versan en: - Mellora das calidades. - Aseguramento da accesibilidade para todos os usuarios. - Aseguramento da seguridade en todo o ámbito da actuación. De conformidade co artigo 145 da LCSP establécense unha pluralidade de criterios de valoración, na procura da mellor relación calidade-prezo, xustificándose a súa utilización ao estar directamente vinculados ao obxecto do contrato, tal e como preceptúa o artigo 145.5. a) da LCSP e para permitir unha adecuada selección do contratista en función da mellor oferta achegada. Dentro dos criterios de valoración propostos para este contrato, podemos diferenciar criterios sometidos a xuízo de valor e criterios avaliables de maneira automática mediante fórmulas. Os criterios dependentes de xuízo de valor representarán o 50% da puntuación asinable na valoración das ofertas, e os 1 9ARD4Q37LGQCZRPNN3427R425 :nóicadilaV .dóC /lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth :nóicacifireV 7 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.