Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
G8400063P C O N C E L L O D E C E R D E D O C O T O B A D E Chan, 11 – Carballedo 36856 Cerdedo Cotobade (Pontevedra) Telf. 986 760001 – Fax.986760130 Pza do Concello 1 -Cerdedo 36130 Cerdedo Cotobade (Pontevedra) Telf. 986753006– Fax 986753201 MEMORIA DE NECESIDADE Expediente 1391/2026 CHIRINGUITO, POZAS E RECUPERACION CANLE MUIÑOS BAÑOS DE SAN XUSTO O Concello de Cerdedo-Cotobade impulsa conxuntamente coa Consellería de Industria que lle concedeu a este concello mediante resolución de data 16.04.2026, unha subvención, ao abeiro da Orde do 15 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da comunidade autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2025 (DOG número 159 de data 21.08.2025) para as actuacións de acondicionamento e mellora do espazo termal de uso lúdico de Baños de San Xusto por importe de 171072,78€, e a Deputación de Pontevedra a que se lle solicita ao abeiro do Plan + Provincia 2026 o importe de 42768,22€ o que fan un total de 213841 que é o importe total do investimento (obra máis honorarios profesionais). A zona de actuación encóntrase no espazo dos Baños do San Xusto, parroquia de San Xurxo de Sacos, no Concello de Cerdedo - Cotobade. Os Baños de San Xusto sitúanse na parroquia de San Xurxo de Sacos, Concello Cerdedo- Cotobade. Nunha contorna de alto valor natural, patrimonial e etnográfico. O balneario histórico, os muíños de río e as fontes de augas sulfuro-fluoradas conforman un conxunto singular que combina patrimonio cultural e recurso termal. O enclave forma parte dun itinerario que inclúe camiños históricos, unha ponte medieval e unha capela de valor arquitectónico, sendo un punto de atracción tanto turística como veciñal. O proxecto ten por obxecto completar e reforzar a recuperación deste espazo termal, incorporando novos elementos funcionais e de lecer: un chiringuito, un merendeiro, a ampliación da zona de pozas de baño e melloras integrais de accesibilidade, seguridade e integración paisaxística. A zona presenta tres puntos de actuación principais: • Área do chiringuito, situada xunto ao camiño de acceso. • Área dos muíños, prevista para o merendeiro. • Zona de pozas, con instalacións xa existentes que se verán ampliadas. O percorrido peonil precisa da instalación de varandas en varios tramos con risco de caída. Y79MNGJ9KN5R6GZ9CGY9SNKK6 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.edabotocodedrecedollecnoc//:sptth :nóiccerroC 3 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.