pcap.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DE OBRAS POR PROCEDEMENTO ABERTO MULTICRITERIO DA OBRA PROXECTO CHIRINGUITO, POZAS E RECUPERACIÓN CANLE MUÍÑOS BAÑOS DE SAN XUSTO DO CONCELLO DE CERDEDO COTOBADE. (PONTEVEDRA). Expediente 1391/2026 1.- RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO. O contrato a que se refire o presente prego ten carácter administrativo e ambas as partes quedan sometidas expresamente á Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspón ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante LCSP) ; ao Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público; ao Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en diante RGLCAP), e demais normativa de desenvolvemento. Tamén estarán sometidas, no non previsto no presente prego, ao de cláusulas administrativas xerais para a contratación de obras do Estado aprobado polo Decreto 3854/1970, do 31 de decembro, en canto non se opoña ao disposto na lei ou no regulamento e disposicións citadas no parágrafo anterior. O presente prego de cláusulas administrativas particulares, o prego de prescricións técnicas particulares, os cadros de prezos, os planos e a memoria do proxecto licitado, nos aspectos sinalados no artigo 128 RGLCAP, terán carácter contractual. Así mesmo, será contractual o programa de traballo que resulte aceptado pola Administración, segundo as condicións do presente prego e unha vez aprobado polo órgano de contratación. De conformidade co disposto nos artigos 131.2 e 156 da LCSP o expediente de contratación tramitarase de forma ordinaria por procedemento aberto. 1.1.- Órgano de contratación e prerrogativas da Administración. De conformidade co disposto na Disposición Adicional 2 da LCSP, corresponde ao Alcalde do Concello a aprobación e tramitación do expediente de contratación administrativa. O órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar o contrato e resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento. Igualmente, poderá modificar os contratos por razóns de interese público, declarar a responsabilidade imputable ao contratista por mor da execución do contrato, suspender a execución do mesmo, acordar a súa resolución e determinar os efectos MA3MKSYHMJDW5GR3JDHCYDAMF :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.edabotocodedrecedollecnoc//:sptth :nóiccerroC 57 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.