PCAP.pdf

Documento Adicional Ver licitación
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE “ESCOLA DE MÚSICA DO CONCELLO DE VALDOVIÑO”, POR PROCEDEMENTO ABERTO CONFORME VARIOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN E TRÁMITE ORDINARIO. EXPTE Nº 2026/C004/000008 TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Cláusula 1. Réxime xurídico. O presente contrato ten carácter administrativo, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante LCSP). As partes quedan sometidas expresamente ao establecido neste prego e no correspondente proxecto. O prego de prescricións técnicas particulares, o presente prego de cláusulas administrativas particulares e os seus anexos teñen carácter contractual, polo que deberán ser asinados, en proba de conformidade polo adxudicatario, no mesmo acto de formalización do contrato. En caso de discrepancia entre o presente prego e o resto de documentación que reviste carácter contractual, prevalecerá o presente prego. Para o non previsto nos pregos, o contrato rexerase pola LCSP, polo Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (RD 817/2009) e polo Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, aprobado mediante Real Decreto 1098/2001, do 12 de Outubro (RGLCAP), en todo o que non se opoña á anterior. A aplicación destas normas levará a cabo en relación con todo o que non resultase afectado pola Disposición Derrogatoria da LCSP. En todo caso, as normas legais e regulamentarias citadas anteriormente serán de aplicación en todo o que non se opoña á LCSP. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta , as de dereito privado. Cláusula 2. Órgano de contratación.. De conformidade coa disposición adicional segunda da LCSP corresponden ao Alcalde as competencias como órgano de contratación respecto de os contratos de servizos, cando o seu valor estimado non supere o 10 por cento dos recursos ordinarios do orzamento nin, en calquera caso, a contía de seis millóns de euros, incluídos os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos, eventuais prórrogas incluídas sempre que o importe acumulado de todas as súas anualidades non supere nin a porcentaxe indicada, referido os recursos ordinarios do orzamento do primeiro exercicio, nin a contía sinalada. 1 /moc.onivodlavedollecnoc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV PI40+IBy4EOkhpSgXffW :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.