Memoria.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Expediente 2026/C004/000008 Memoria xustificativa do contrato de ESCOLA DE MÚSICA DO CONCELLO DE VALDOVIÑO MEMORIA XUSTIFICATIVA 1.- Introdución. Necesidades administrativas a satisfacer. O obxecto do presente contrato é a prestación do servizo da escola de música do concello de Valdoviño. A execución do obxecto do contrato citado axustarase ao establecido no PCAP e no PPT, documentos que revestirán carácter contractual. En caso de discrepancia entre o PCAP e o resto de documentación con carácter contractual, prevalecerá dito PCAP. A escola de música pretende ser un servizo de promoción cultural de formación para satisfacer as necesidades dos veciños e veciñas do Concello de Valdoviño, permitindo o seu acceso á música a persoas de todas as idades con independencia da súa formación. A Escola de música enmárcase dentro da planificación cultural do Concello de Valdoviño. Son actividades educativas, de tempo de lecer, de dinamización de grupos favorecendo o intercambio, a participación e a cooperación social. Os obxectivos comúns a destacar destas actividades son os seguintes: - Mellorar a calidade de vida da veciñanza de Valdoviño. - Influír na formación musical dos asistentes ás actividades, fomentando a educación permanente destes. - Promover a formación integral dos asistentes, e intentar que na medida do posible sexan autónomos e poidan realizar actividades no seu tempo de lecer. -Crear espazos de aprendizaxe e de práctica músical que fomenten a participación da cidadanía na cultura local. -Cooperar cos centros educativos, institucións e entidades municipais nos intercambios de experiencias e proxectos artísticos A prestación do servizo obxecto de contratación refírese á execución de actividades da escola de música que se contemplan nestas prescricións técnicas no período comprendido entre o mes de outubro e o mes de xuño. Conforme o artigo 28.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro do 2014 (LCSP en adiante), as entidades do sector público non poderán subscribir outros contratos que aqueles que sexan necesarios para cumprir e realizar os seus fins institucionais. Para ese efecto, a natureza e extensión das necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato proxectado, así como a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, cando se adxudique por un procedemento aberto, restrinxido ou negociado sen publicidade, deben ser determinadas con precisión, deixando constancia diso na documentación preparatoria, antes de iniciar o procedemento encamiñado á súa adxudicación. /moc.onivodlavedollecnoc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV WvzATfaMmsMbHFHHXy+Q :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.