Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE TOURO (A CORUÑA) R.E.L. n.º 01150853 – C.I.F. P-1508600-B – MU 2000/196 EXPEDIENTE 2026/C003/000020. Contratación obra Pista Turces a Ribeira hacia Monte incluída no POS+ 2026 (Achega 2026). José López González, secretario-interventor do Concello de Touro do que é alcalde por delegación Alfredo Souto Castelo CERTIFICA Que o 24 de setembro de 2026, a Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria, cos quórums de participación e votación legalmente esixidos, adoptou o acordo que di: “18 EXPEDIENTE 2026/C003/000020. Contratación obra Pista Turces a Ribeira hacia Monte incluída no POS+ 2026 (Achega 2026). Aprobación expediente de contratación. ANTECEDENTES EXPEDIENTE 2026/A008/000009. Solicitude de inclusión da obra no POS+ 2026 (Achega 2026). Pista Turces por Ribeira cara o Monte, onde consta o acordo da Xunta de Goberno Local de 28 de abril de 2026 de aprobación do proxecto modificado Pista Turces por Ribeira cara o Monte, incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2026” da Deputación Provincial da Coruña, achega de 2026, redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Pablo Blanco Ferreiro e asinado dixitalmente o 27.04.2026, por importe de 118.113,55 €. EXPEDIENTE 2026/C003/000020 no que consta a seguinte documentación: - Memoria necesidade de contratación de incoación do expediente de contratación. - Pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen na contratación - Proxecto técnico - Informe de intervención - Informe de secretaría CONSIDERACIÓNS TÉCNICAS E XURÍDICAS Primeira.- Normativa de aplicación. Tense en conta a seguinte: - Lei 9/2017 do 8 de novembro, de contratos do Sector Público. - Real Decreto 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas. - Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local. - Lei 5/1997 de 22 de xuño, de Administración Local de Galicia. - Real Decreto Lexislativo 781/1986 do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local e demais disposición concordantes que resulten de aplicación. Segunda.- O contrato resulta necesario para o exercicio de competencias de conservación e mantemento de infraestruturas viarias de titularidade municipal vinculadas á competencia municipal propia de carácter obrigatorio segundo o disposto nos artigos 25.2.d (Infraestrutura viaria e outros equipamentos da súa titularidade) e 26.1 (Pavimentación das vías públicas) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigos 80.2.d (Pavimentación de vías públicas urbanas e a conservación de camiños e vías rurais) e 81.a (Pavimentación e conservación das vías públicas) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia. Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) /lag.oruot.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV vdhGAcLEe/rXpQceoypt :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.