Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE TOURO (A CORUÑA) R.E.L. n.º 01150853 – C.I.F. P-1508600-B – MU 2000/196 EXPEDIENTE 2026/C003/000020. Contratación obra Pista Turces a Ribeira hacia Monte incluída no POS+ 2026 (Achega 2026). Trámite: informe xustificativo da conveniencia e necesidade de contratar a obra Contratación obra Pista Turces a Ribeira hacia Monte incluída no POS+ 2026 (Achega 2026). I.- Actuacións preparatorias do contrato de obras (aprobación do proxecto). Artigos 231 e seguintes da LCSP Acordo plenario de data 5 de febreiro de 2026 de inclusión nos investimentos que integran o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único Concellos) POS+ 2026 da obra Pista Turces a Ribeira hacia Monte. Resolución da Deputación Provincial da Coruña de 8 de setembro de 2026 pola que se levanta a condición e se aproba definitivamente o investimento denominado “Pista Turces a Ribeira hacia Monte” do Concello de Touro, incluído no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal – Plan Único de Concellos (POS+) 2026, co código 2026.2100.0090.0 II.- Necesidade e idoneidade coa que se pretende dar satisfacción (artigos 1, 28 e 116 da LCSP) 1. Necesidade. En cumprimento do artigo 28 da LCSP, a natureza e extensión das necesidades que se pretenden cubrir mediante o contrato proxectado, xustifícanse na necesidade de rehabilitación e mantemento de infraestruturas viarias de titularidade municipal. Estas necesidades e a idoneidade das obras proxectadas para satisfacelas atópanse definidas detalladamente xunto co seu alcance, no proxecto. 2. Idoneidade. As obras proxectadas pretenden: A mellora da capa de rodaxe dun viario dividido en 3 treitos de 660x4 m., 310x4,5 m. e 705x4,20 m., así como un total de 420 m² de abanicos, con 5 cm de aglomerado en quente tipo AC16 B50/70 surf, previo bacheo con grava e tratamento asfáltico superficial. Finalmente contemplase a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, a renovación dunha drenaxe, a colocación de 40 m. de cuneta de seguridade e a sinalización horizontal co pintado de liñas de bordo s símbolos. Nos planos, cadros de medicións e presupostos, especifícanse as unidades de obra a realizar, así como as características, dotacións e dimensións dos materiais propostos. En función das necesidades e pretensións municipais, dispoñibilidades orzamentarias, estado das obras e resposta de actuacións similares na zona, considérase que as unidades presupostadas representan a solución máis acorde co fin a acadar. III. Finalidade institucional, competencias municipais A finalidade a satisfacer pola administración municipal con este contrato é a conservación e mantemento de infraestruturas viarias de titularidade municipal vinculadas á competencia municipal propia de carácter obrigatorio segundo o disposto nos artigos 25.2.d (Infraestrutura viaria e outros equipamentos da súa titularidade) e 26.1 (Pavimentación das vías públicas) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigos 80.2.d (Pavimentación de vías públicas urbanas e a conservación de camiños e vías rurais) e 81.a (Pavimentación e conservación das vías públicas) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia. IV. Natureza das obras e financiamento 1. As obras a executar teñen a condición dunha actuación de inversión xa que supoñen un incremento da

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.