Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Bueu Expediente 3080/2026 Procedemento Contratacións Código SIA 1429768 OBRA. ABERTO SIMPLIFICADO ABREVIADO - Contra de obra de Asunto Pavimentación e mellora de camiño en Montemogos IVBE-169, subvencionado ao abeiro de AGADER 2026-2027 Unidade xestora 200 Administración Xeral - Unidade de Secretaría Servizos Xerais Trámite Xustificación da necesidade, idoneidade e eficiencia da contratación INFORME DE XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE, IDONEIDADE E EFICIENCIA DA CONTRATACIÓN I. ÁMBITO FUNCIONAL Este informe emítese tendo en conta o ámbito material da concellería delegada de contratación pública e facenda, así como da concellería delegada de mantemento e reparación de vías públicas, que resultan do réxime interno da organización do goberno municipal coa resolución de alcaldía núm. 2023-1428 do 21.07.2023 (BOP num. 151 do 07.08.2023). Do acto administrativo referenciado deriva o ámbito funcional das ditas concellerías, asignando aos concelleiros delegados das áreas as facultades de dirección, organización interna e xestión directa que comprende a súa área funcional correspondente. II. OBXECTO. NECESIDADES A SATISFACER. NON DIVISIÓN EN LOTES. TITULARIDADE E AFECCIÓNS Ao abeiro do artigo 25.2.d) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LRBRL), os concellos asumen competencias en materia de infraestrutura viaria e outros equipamentos da súa titularidade. Concorda co previo o artigo 80.2.d) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia (LALGA) ao establecer que os concellos exercerán entre outras competencias as relativas á pavimentación de vías públicas urbanas e a conservacións de camiños e vías rurais. A necesidade de realizar as obras xustifícase na memoria do proxecto, en tanto que camiño que comunica o lugar de Montemogos co de Vilar e que polo seu intenso uso, ao dar acceso a 14 fincas agrarias e a vivendas na parroquia de Beluso, esixe dunha pavimentación e mellora porque o dito uso intenso manterase no futuro. Os medios necesarios para a construción son os normais para este tipo de traballos, non requirindo de métodos excepcionais pola dificultades técnica nin custe económico, sendo o seu grao de dificultade baixo. Para a pavimentación dos camiños contémplanse os seguintes traballos: apertura de camiños; bacheo previo preparación da superficie; formación de pavimento de formigón HM-20/P/40 con mallazo electrosoldado de 15x15 ø 5 -5 mm, con catorce centímetros de espesor; e sinalización. A xustificación da solución adoptada vén determinada pola necesidade de mellorar as condicións de adherencia entre a superficie da calzada e os pneumáticos dos vehículos, así como de regularización superficial, xerando un aumento da eficiencia, seguridade e comodidade dos usuarios do mencionado camiño, e redundando, por tanto, no interese xeral. Para a determinación da solución máis idónea ao problema presente realizouse unha auscultación Concello de Bueu C/ Eduardo Vincenti, 8, Bueu. 36930 (Pontevedra). Tfno. 986390029. FNCYRJRW35AH5AQ3ZPFHHNAZ4 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.ueub//:sptth :nóiccerroC 01 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.