Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Bueu Expediente 3080/2026 Procedemento Contrataciones Código SIA 2400470 OBRA. ABERTO SIMPLIFICADO ABREVIADO - Contrato de Asunto obra de Pavimentación e mellora de camiño en Montemogos IVBE- 169, subvencionado ao abeiro de AGADER 2026-2027 Unidade xestora 200 Administración Xeral - Unidade de Secretaría Servizos Xerais Documento Resolución da alcaldía Aprobación do expediente de contratación e inicio da licitación, Trámite con avocación de competencias, e levantamento do reparo RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA ANTECEDENTES 1. Providencia do 24.09.2026 de actuacións previas ao comezo do expediente de contratación, co CSV GJC6JPTXER4M7RNRR6NTR96WF, en cuxa virtude se dispón incorporar ao expediente o proxecto e informes técnicos municipais e se ordena a emisión da preceptiva memoria xustificativa do artigo 28 LCSP, do informe de control financeiro permanente da intervención municipal e a preparación dos PCAP por secretaría. 2. Proxecto técnico proxecto técnico do ECCP col. núm. 22500 Alberto Moreno Pike, asinado o 03.03.2026, cun orzamento de execución material de 37.531,92 euros e un orzamento base de licitación con IVE engadido de cincuenta e catro mil corenta e dous euros e vinte e dous céntimos de euros (54.042,22 €), ascendendo o IVE (ao 21%) a 9.379,23 €. 3. Informe do aparellador municipal, do 04.03.2026, no que conclúe que: 1) o camiño que forma parte do proxecto, aparece recollido no Inventario; 2) o proxecto cumpre coa lexislación urbanística e sectorial e co planeamento en vigor; e asemade, 3) por estar afectado parcialmente pola Policía de canles dun regato, deberá presentarse Declaración Responsable para actuacións menores no Dominio público hidráulico (CSV ANX5X34YFF76F7EXPLSERWNEF). 4. Memoria xustificativa da necesidade, idoneidade e eficiencia da contratación emitida o 25.09.2026 polo concelleiro delegado de contratación pública e o concelleiro delegado de mantemento e reparación de vías públicas; co CSV 4ZANHHFPZ3QA5HA53WRJRYCNF. Resumidamente sinala que: a necesidade do proxecto e mellorar a pavimentación dun camiño municipal polo seu intenso uso; xustifícase a non división en lotes porque dificultaría a correcta execución; os terreos son de titularidade municipal; a afección sectorial conta con declaración responsable presentada ao afecto ante Augas de Galicia e comunicación desta verbo do cumprimento dos requisitos establecidos no Regulamento do dominio público hidráulico e no Decreto Concello de Bueu C/ Eduardo Vincenti, 8, Bueu. 36930 (Pontevedra). Tel./Tel. 986390029. OTERCED RNFJYFQ3NT7DDAR97Z76A552H :nóicadilaV .doC 6202/01/22 :ataD 7891-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.ueub//:sptth :nóiccerroC 5 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.