Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CERTIFICACIÓN Don Francisco Javier Novoa Juiz, secretario xeral do Concello de Vimianzo (A Coruña). CERTIFICO: Que a Alcaldía con data 26-10-2026, ditou a Resolución núm. 1643/2026 que a continuación se transcribe: ‘’RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA ASUNTO: Aprobación do expediente de contratación para a execución do proxecto de obra denominado “Pavimentación no núcleo de Mouzo do concello de Vimianzo” financiado con cargo ao POS+ 2026. Expediente TEDeC 2026/C003/000007. Visto o proxecto denominado “Pavimentación no núcleo de Mouzo do concello de Vimianzo” (RE núm. 202699900000631, de 18/03/2026) redactado polo arquitecto D. David Estany Garea, colexiado3316 do COAG, incluído no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS + 2026, que financia a Deputación provincial da Coruña, que funcionará como prescricións técnicas e que foi aprobado inicialmente polo Pleno do concello de data 06/02/2026, e cuxa corrección, que agora se licita, foi aprobada por Resolución da Alcaldía núm. 544/2026, de 15/04/2026. Vista a providencia da alcaldía de data 23/10/2026 na que se xustifica a necesidade desta contratación, nos termos do art. 28 do LCSP, e pola que se inician os trámites para levar a cabo a contratación das obras de “Pavimentación no núcleo de Mouzo do concello de Vimianzo”, de acordo co antedito proxecto. Visto que o valor estimado do contrato ascende cento noventa e dous mil novecentos doce euros e cincuenta e seis céntimos (192.912,56 €) e orzamento total de licitación a douscentos trinta e tres euros e catrocentos vinte e catro euros e vinte céntimos (233.424,20 €), estímase procedente a contratación da referida obra mediante procedemento aberto simplificado, por razón da contía (art.159.1 a) da LCSP), así coma por mor da axilidade e celeridade na contratación co fin de cumprir cos prazos de xustificación que establece o Plan que financia este investimento. Visto o prego de cláusulas administrativas particulares proposto pola Alcaldía asinado en data 23/10/2026, que consta no expediente TEDeC. Consta informe emitido pola secretaría municipal, en data 26/10/2026, favorable, con observacións. Tamén consta informe favorable emitido pola intervención municipal, de 23/10/2026. Acreditada a existencia de consignación na aplicación 453.61900, proxecto de gasto 2026/2/POS26/3, para afrontar o gasto que poida representar esta contratación, segundo o documento de retención de crédito núm.220260006699 asinado pola intervención municipal en data 23/10/2026. Tendo en conta o establecido na Disposición Adicional Segunda da LCSP, ao respecto das competencias en materia de contratación das entidades locais así como o establecido no art. 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Visto canto antecede, RESOLVO: Primeiro.- Aprobar o expediente de contratación e o prego de cláusulas administrativas particulares, que rexerá a contratación, por procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, da obra denominada “Pavimentación no núcleo de Mouzo do concello de Vimianzo” previstas no antedito proxecto técnico (que funcionará como prescricións técnicas) e que ascenden a un importe total de douscentos trinta e tres euros e catrocentos vinte e catro euros e vinte céntimos (233.424,20 €), financiados con cargo ao POS+ 2026, da Deputación provincial da Coruña. Praza do Concello, nº 6 Tel. 981716001 correo@vimianzo.gal 15129 – Vimianzo (A Coruña) Fax 981716650 www.vimianzo.gal

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.