Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Avda. de Algeciras, nº. 34 - 15510 NEDA. - Tfno.: 981.380039 // 981.380222. - Fax: 981.385600 - correo@neda.gal CERTIFICACIÓN DE ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL Alejandro R. Antelo Martínez, Secretario Xeral deste Concello de NEDA.- CERTIFICA: Que a Xunta de Goberno deste concello na súa sesión levada a cabo o 28.08.2026, co quórum regulamentario, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: “9.b) Proposta de declaración de deserta da licitación do contrato de obra (2 lotes): Pavimentación de camiño na Cobeluda e Pavimentación de camiño en Liñares – incluídas no Plan camiños rurais 2026-2027 (código de procedemento MR701E) e inicio dun novo expediente de contratación (Exp. TEDeC 2026/C003/000004 – 2026/C003/000005).- A Xunta de Goberno Local coñece da proposta da Alcaldía que seguidamente se transcribe: “O 03.08.2026 o Alcalde ditou a providencia de inicio e aprobación do expediente de contratación do contrato de referencia, que xustifica a necesidade da contratación, que copiado di: “O 02.03.2026 a Xunta de Goberno Local aprobou os proxectos de obra redactados polo arquitecto municipal Francisco Javier Cernadas Veiga: - Pavimentación de camiño na Cobeluda, con data 28.02.2026 e cun orzamento de execución de contrata de 27.514,04 euros, IVE incluído (22.738,88 euros de base impoñible + 4.775,16 euros do 21% do IVE). - Pavimentación de camiño en Liñares, con data 28.02.2026 e cun orzamento de execución de contrata de 27.672,55 euros, IVE incluído (22.869,88 euros de base impoñible + 4.802,67 euros do 21% do IVE). Tamén acordou participar actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España, en réxime de concorrencia non competitiva mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E), (DOG núm. 24, do 05.02.2026), segundo a Orde do 30.12.2025 da Consellería do Medio Rural. O 10.06.2026, co seu rexistro de saída 1282403 a Consellería do Medio Rural resolveu a concesión de axudas Camiños Rurais 2026-2027 (MR701E), co núm. de expediente PM26-0136, que lle concede unha subvención ao Concello de Neda, co seguinte detalle: “Concederlle ao concello de NEDA unha axuda por importe de 46.666,40 € ao abeiro da orde do 30 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, coas seguintes condicións: 1. O orzamento presentado e aprobado desagregado por conceptos é o seguinte: Orzamento Orzamento PROXECTO Presentado Aceptado PROXECTO Nº 1 22.738,88 € 22.738,88 € PROXECTO Nº 2 22.869,88 € 22.869,88 € Total proxectos de obra 45.608,76 € 45.608,76 € Control de calidade 1.057,64 € 1.057,64 € TOTAL SOLICITUDE DE AXUDA 46.666,40 € 46.666,40 € Respecto do orzamento aceptado, compre facer as seguintes observacións: • En relación ao Proxecto Nº1: PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO NA COBELUDA o Proxecto nº 1: As unidades de obra incumpren o establecido no apartado 5 do artigo 4 das bases reguladoras, por incluír costes indirectos. Non procede realizar desconto por non aplicar importe ao concepto. • En relación ao Proxecto Nº2: PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO EN LIÑARES o Proxecto nº 2: As unidades de obra incumpren o establecido no apartado 5 do artigo 4 das bases reguladoras, por incluír costes indirectos. Non procede realizar desconto por non aplicar importe ao concepto.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.