Decreto aprobación proxecto

Otros Documentos Ver licitación
Concello de Ortigueira RESOLUCIÓN DE ACORDO Expte: 2390/2025 Asunto: Aprobación proxecto Procedemento: Contrato de obras Mellora da rede de abastecemento en Viso, Celtigos e Loiba (POS 2025) I.- Vista a proposta subscrita polo concelleiro de Urbanismo, Medio Ambiente e Medio Rural que de seguido se insire: «ANTECEDENTES: 1º. Concello Pleno na sesión do día 03.02.2025 (coa correción de erros segundo acordo plenario de data 30.05.2025) acordou “Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2025”” da Deputación Provincial da Coruña” e incluír, entre outros, o proxecto titulado “Mellora da rede de abastecemento no Viso, Céltigos e Loiba” redactado polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos Pablo Couto Lopez cun orzamento total de 353.432,57 euros IVE incluído. 2º.- Presentada a correspondente documentación na plataforma Subtel da Deputación Provincial de A Coruña, por dita entidade requírese que se proceda a emendar diferentes deficiencias detectadas en dito proxecto técnico, concretamente adaptalo á estrutura obrigatoria prevista nas bases do POS 3º.- Con data 12.06.2025 polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Pablo Couto Lopez, presentase o proxecto corrixido segundo as indicacións da Deputación Provincial 4º.- Presentado referido proxecto corrixido na Deputación Provincial, con data 18.09.2025 a entidade provincial comunica que polos seus Servizos Técnicos emitiuse informe favorable de referido proxecto e interesa que polo órgano comptente se aprobe devandito proxecto corrixido 5º.- Consta no expediente a seguinte documentación:  Proxecto técnico titulado “Mellora da Rede de Abastecemento no Viso, Céltigos e Loiba”, por importe total de licitación 353.432,57 euros, IVE incluido, asinado dixitalmente polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos Pablo Couto Lopez en data 12/06/2025  Autorizacións sectoriais: Deputación Provincial A Coruña (resolución do servizo provincial de Vias e Obras expte 024000034994). Resolución de Augas de Galicia de data 19.11.2024 (expte DH.W15.104403) concedendo autorización para a execución das obras nun prazo de 24 meses dende o recibo da resolución.. Informe do IET (expediente IET: P-24-856), pronunciándose só sobre o tramo de Corredor Ecolóxico, no que non se formulan obxeccións. Escrito do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña (Subdirección Xeral de Cambio Climático e da Ordenación do Litoral, dependente da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático), onde se indica que o informe previsto no artigo 50 da Lolga non é exixible en tanto o novo POC non estableza a delimitación provisional ou transitoria das áreas do litoral reguladas na Lolga (DT.2ª). Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio de 12.11.2024 pola que se conceda autorización para realización das obras e resolución do 17.01.2025 polo que se autoriza Concello de Ortigueira Plaza de Isabel II, s/n, Ortigueira. 15330 (A Coruña). Tfno. 981400000. Fax: 981402536 SOTERCED 535EZSK645C4TLNKACW5KMTN9 :nóicadilaV .doC 6202/60/62 :ataD 8270-6202 :oremúN /se.acinortceledes.arieugitro//:sptth :nóiccerroC 4 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.