acordo aprobación proxecto

Otros Documentos Ver licitación
Dilixencia acordo ASISTENCIA Á XUNTA DE GOBERNO LOCAL EXPEDIENTE: 2024/00053881S PROCEDEMENTO: Subvencións concedidas ao Concello (MR) A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 3 de febreiro de 2025 adoptou o seguinte acordo: Aprobación da solicitude de participación do Concello no plan provincial POS+ 2025 de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) da Deputación Provincial da Coruña. A proposta é do seguinte teor literal: ANTECEDENTES 1. O Pleno da Deputación Provincial da Coruña, con data do 29 de novembro de 2024, aprobou as Bases reguladoras do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2025”, que se destina aos 93 concellos da provincia. O texto íntegro das Bases figura na páxina web da Deputación e foi publicado no Boletín Oficial da Provincia número 233 do 3 de decembro de 2024. 2. As cantidades do plan POS+ 2025 asignadas ao Concello de Santiago de Compostela para cada un dos dous tipos de achega provincial son as que figuran na seguinte táboa: Achega provincial 2025 Achega provincial 2024 Total POS+ 2025 605.235,15 € 587.434,12 € 1.192.669,27 € CONSIDERACIÓNS 1. O artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local atribúelle ás Deputacións Provinciais a competencia para cooperar e prestar asistencia xurídica, económica e técnica aos concellos. 2. A Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, atribúelle, pola súa parte, aos concellos a competencia para a prestación dunha serie de servizos públicos obrigatorios (artigo 26). Pola súa banda, a lexislación sectorial concreta as competencias municipais para a prestación de servizos nas materias detalladas no artigo 25 da LBRL. 3. Resulta preciso, pois, determinar os investimentos que se pretenden incluír no Plan provincial POS+ 2025, así como establecer os importes que se destinarán ao financiamento de gastos correntes do exercicio 2025, así como adoptar os demais acordos precisos para tramitar o referido plan. PROPOSTA Á vista de canto antecede, proponse á Xunta de Goberno Local, que adopte os seguintes acordos: 1.- Participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2025” da Deputación Provincial da Coruña, cuxas Bases se coñecen e aceptan na súa totalidade, e solicitar a aplicación da achega provincial asignada aos obxectos que se indican a continuación, separando os que se financian con cargo á “achega provincial 2025” e con cargo á “achega provincial 2024”: Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/7 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 15704432701307177004

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.