Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Informe xustificativo da necesidade e idoneidade da contratación (2F) MEDIO RURAL EXPEDIENTE: 2026/00017094C PROCEDEMENTO: P1 - Previo de necesidades DESCRICIÓN Pavimentación da Rúa SanRoque de Laraño EXPEDIENTE A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 establece: “Artigo 28.Necesidade e idoneidade do contrato e eficiencia na contratación. 1.As entidades do sector público non poderán subscribir outros contratos que aqueles que sexan necesarios para cumprir e realizar os seus fins institucionais. Para ese efecto, a natureza e extensión das necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato proxectado, así como a idoneidade do seu obxecto e contido para satisfacelas, cando se adxudique por un procedemento aberto, restrinxido ou negociado sen publicidade, deben ser determinadas con precisión, deixando constancia diso na documentación preparatoria, antes de iniciar o procedemento encamiñado á súa adxudicación.” O Concello de Santiago de Compostela (artigo 25.2 da Lei 7/1985) exercerá en todo caso como competencias propias, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, entre outras, nas seguintes materias: d) Infraestrutura viaria e ouros equipamentos da súa titularidade. g) Tráfico, estacionamento de vehículos e mobilidade. Ademais, na súa calidade de concello, está obrigado a prestar, entre outros, os servizos de “acceso aos núcleos de poboación” e “pavimentación dos viarios públicos” segundo dispón o artigo 26.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. O proxecto construtivo denominado “Pavimentación da Rúa San Roque de Laraño” ten por obxecto a mellora do pavimento asfáltico da rúa San Roque que atópase ao final da súa vida útil, presentando na actualidade un grado de deterioro moi importante, con numerosos baches e peladuras na súa rodadura que dificultan a rodaxe dos vehículos nas condicións de seguridade e confort adecuados. A execución da actuación permitirá garantir e mellorar a prestación dos servizos públicos obrigatorios de “acceso aos núcleos de poboación” e “pavimentación dos viarios públicos”, exercendo ou facilitando o exercicio das competencias propias do artigo 25.1 da Lei 7/1985 sinaladas. DATOS PARA A TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN 1. UNIDADE RESPONSABLE DO SEGUIMENTO E SUPERVISIÓN DA CONTRATACIÓN CENTRO XESTOR PROPOÑENTE Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/7 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 16340665776023717147

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.