Estudio Económico

Otros Documentos Ver licitación
Estudo economico (1F) SUPERVISIÓN DE PROXECTOS E OBRAS Expediente: 2026/00017094C Referencia interna: MRU/01/2025 Procedemento: P1 - Previo de necesidades Plan Plan municipal de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2025 Contrato obra Pavimentación da Rúa San Roque de Laraño DESCRICIÓN DAS OBRAS A REALIZAR A descrición dos traballos e as condicións técnicas que rexerán o contrato de obra están definidos no proxecto construtivo denominado “Pavimentación da rúa San Roque de Laraño”, redactado polo enxeñeiro de camiños D. Gilberto Rodríguez Rodríguez (asinado dixitalmente con data 29/01/2025) e aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria de data 03/02/2025. XUSTIFICACIÓN DOS PREZOS QUE DAN LUGAR AO ORZAMENTO DE LICITACIÓN A xustificación dos prezos unitarios desenvólvese no Anexo “Xustificación de prezos” da proxecto construtivo e foron calculados segundo a normativa de contratos do Sector Público. No Documento nº5 “Orzamento” do proxecto construtivo figuran os prezos unitarios nos cadros de prezos nº 1 e nº 2. FINANCIACIÓN DO CONTRATO A actuación prevista no proxecto construtivo foi incluída polo Concello de Santiago de Compostela, segundo acordo da Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria de 03/02/2025, na Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2025 da Deputación Provincial da Coruña. As bases reguladoras de dito plan foron aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria de 29/11/2024 (BOP nº 233 do 3 de decembro do 2024). Mediante circular de xuño de 2025 (sinatura dixiltal do 02/06/2025) a Deputación Provincial da Coruña comunicou a aprobación inicial do POS +2025 en acordo plenario da session ordinaria realizada o 30 de maio de 2025. Dito acordo sométese a exposición pública mediante a publicación nos días seguintes dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) comunicando que tamén enviaríase a informe da Administración Estatal e Autonómica, para que durante un prazo de 10 días poideen presentarse as alegacións ou reclamacións que estimaran convenientes. Ademais, o acordo de aprobación do Plan quedou condicionado á entrada en vigor do Expediente de modificación de créditos (EMC) 2/2025, aprobado inicialmente na mesma sesión que o POS+ 2025, que tamén se sometería a exposición e información pública. Mediante circular complementaria de xuño de 2025 (sinatura dixital de 30/06/2025) a Deputación Provincial da Coruña comunicou que mediante acordo plenario do 27 de xuño de 2025, desestimaránso as alegacións presentadas por un concello ao POS+2025, declarándose cumprida a condición á que quedou sometido, de entrada en vigor do Expediente de Modificación de Créditos 2/2025 e aprobouse definitivamente o POS+2025 O investimento financiarase na súa totalidade (100%) con cargo ao orzamento provincial, nas condicións establecidas nas bases reguladoras do plan POS+ 2025. Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/3 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 16340665574641343712

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.