07_Prego_clausulas_administrativas San Roque.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
Prego cláusulas administrativas CONTRATACIÓN Expediente: CON2026000061 Referencia interna: 2026/00038856R - Obras de pavimentación da rúa San Roque de Laraño do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (plan único de concellos) POS+ 2025 Deputación Tipo de contrato: Obras Procedemento: Aberto Simplificado PREGO-TIPO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE HABERÁN DE REXER PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO (MEDIANTE A APLICACIÓN DE FÓRMULAS) DAS OBRAS COMPRENDIDAS NOS PLANS PROVINCIAIS E OUTRAS OBRAS PROVINCIAIS I.-ELEMENTOS DO CONTRATO. 1) OBXECTO E DELIMITACIÓN DO CONTRATO 1.1)Obxecto do contrato. O presente contrato ten por obxecto a execución das obras á que se refire a epígrafe 1 do cadro de características do contrato, con suxeición ao Proxecto Técnico, integrado polos documentos enumerados no artigo 233 da Lei 9/2017 do 8 de novembro de contratos do sector público (en diante LCSP), incluído o correspondente estudo de Seguridade e Saúde ou Estudo Básico de Seguridade e Saúde, de acordo co establecido no art. 4 do Decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acordo co disposto no art. 4 do R.D. 105/2008 . O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forman parte integrante deste Prego, tendo carácter contractual. En caso de contradición entre o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o Prego de Prescricións Técnicas prevalecerá o primeiro. 1.2) Delimitación do contrato. Para os efectos do presente prego e da LCSP, ao tratarse dun procedemento simplificado o presente contrato non está suxeito a regulación harmonizada, posto que esta modalidade aplícase aos contratos cuxo valor estimado é inferior á cantidade que figura no art. 159 da LCSP, en relación co art. 20 da citada norma. Neste senso nas epígrafes 4 e 4.BIS do cadro de características indícase o valor estimado do contrato 1.3) Carácter transversal dos criterios sociais e ambientais De conformidade co establecido no art. 1.3 e concordantes LCSP os criterios sociais e ambientais son recollidos no presente prego de maneira transversal, en especial en canto aos criterios de adxudicación e condicións especiais de execución e esixencia de cumprimento da normativa laboral (en especial cumprimento de convenios e obrigas de pago de salarios, así como de prevención de riscos laborais) normativa social (persoas Concello de Santiago de Compostela sede.santiagodecompostela.gal Páxina 1/56 Praza Obradoiro (do), 1, 15705 Santiago de Compostela. Tlfno.: (+34) 981 542 300. Pode verificar a autenticidade deste documento en sede.santiagodecompostela.gal - Código seguro de verificación: 16337427515144244534

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.