Subvención Plan mais Provincia 2026-2027

Otros Documentos Ver licitación
A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: 3.37469.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN AO CONCELLO DE CALDAS DE REIS, AO ABEIRO DO PLAN + PROVINCIA 2026-2027 LIÑA 1-INVESTIMENTOS (ANUALIDADE 2026), CO OBXECTO DO FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “REDE DE SANEAMENTO NO LUGAR DE SEQUEIROS (SAIAR)”. (Espte. 2026022210) ANTECEDENTES ─ O Pleno da Deputación, na sesión do día 26/12/2025, mediante acordo núm. 4.8555, acordou aprobar as bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan + Provincia 2026-2027), en adiante Plan + Provincia 2026-2027, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 1 do 02/01/2026. ─ Mediante resolución presidencial núm. 2026000127 de data 14/01/2026 aprobouse a repartición total e a que por liña lle corresponde a cada concello; mais a disposición de crédito se fará por cada solicitude de subvención, unha vez revisada a documentación achegada e instruído o procedemento que se recolle no capítulo I. Liña 1-Investimentos. ─ En data 24/03/2026, mediante rexistro WEB2026022902, emendado en datas posteriores, formalmente e en prazo, consta entrada na sede electrónica da Deputación, ao abeiro do Plan + Provincia 2026-2027, dunha petición do Concello de CALDAS DE REIS na que solicita, con cargo a cantidade que lle correspondeu na repartición unha subvención, por importe de 240.313,77 euros, co obxecto do financiamento do investimento “REDE DE SANEAMENTO NO LUGAR DE SEQUEIROS (SAIAR)” (Expte. 2026022210), cuxo orzamento ascende a 240.313,77 euros. Deste modo, a petición do Concello de CALDAS DE REIS queda configurada tal é como se reflicte na seguinte táboa: Subvención - Achegas doutros Orzamento- Fondos propios Anualidade/s Plan + Provincia Plans ou programas- € do Concello -€ 2026-2027-€ € 2026 240.313,77 240.313,77 0,00 0,00 ─ Consta no expediente o certificado da secretaría xeral do Concello relativo á titularidade dos bens sobre os que se pretende actuar e informe relativo á normativa sectorial. ─ Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas bases reguladoras do Plan + Provincia 2026-2027 e achega a documentación que se recolle na base 29ª, contando co informe favorable do persoal facultativo técnico do servizo de Cooperación. Non obstante, na data de presentación da solicitude de subvención, estaba pendente de Xunta de Goberno 31/07/2026 1 Pode verificar a integridade deste documento no enderezo: https://sede.depo.gal(cid:10) Código seguro de verificación (CSV):WC7KVV1LYTAZUFTI

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.