02Memoria xustificativa da necesidade do contrato.pdf

Documento Adicional Ver licitación
EXPEDIENTE 2190/2026 MEMORIA XUSTIFICATIVA DO CONTRATO DE OBRA EXECUCIÓN DE REDE DE SANEAMENTO NO LUGAR DE SEQUEIROS - SAIAR, Subvención PLAN MÁIS PROVINCIA 2026-2027. 1. NECESIDADE QUE PRETENDE CUBRIR A ADMINISTRACIÓN E IDONEIDADE DA CONTRATACIÓN PARA SATISFACELA O Artigo 25.2.c) da Lei 7/1985 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, establece como competencia propia o abastecemento de auga potable a domicilio e evacuación e tratamento de augas residuais. Neste sentido, o Concello de Caldas de Reis está a promover a dotación das infraestruturas sanitarias ás unidades poboacionais do rural, pretende acometer as actuacións necesarias para completar e dotar das mesmas ao lugar de Sequeiros, na parroquia de Saiar, logrando así ir completando esta rede básica sanitaria e a súa conexión aos sistemas de depuración existentes en Sequeiros. O Proyecto básico e de execución da rede de saneamento no lugar Sequeiros -Saiar define as actuacións necesarias para levar a cabo a construción de diferentes tramos de colectores no NR de Sequeiros e unha nova Estación de Bombeo de Augas Residuais para enviar estes efluentes ao punto de vertedura máis próximo, situado no NR de Sequeiros. As actuacións que se proxectan responden á necesidade de instalación de colectores principais de saneamento de augas residuais así como dunha Estación de Bombeo de Augas Residuais (EBAR) e a súa correspondente impulsión para enviar as augas residuais recollidas na zona e levalas cara o colector existente mais próximo de modo que os veciños poidan acceder ao servizo municipal de recollida de augas fecais. O contrato de obras considérase o instrumento técnico e xurídico idóneo, conforme ao artigo 13 da LCSP, xa que a solución consiste nunha construción susceptible de entrega e recepción material, orientada a satisfacer unha necesidade pública, ao permitir:  Contar con un adxudicatario especializado neste tipo de obras, xa que a execución directa por parte da Administración non é viable nin eficiente, ao carecer de medios persoais, materiais e técnicos especializados necesarios para levar a cabo a obra coas garantías requiridas.  Asegurar a correcta xestión de recursos públicos conforme aos principios de eficiencia, transparencia, sustentabilidade, concurrencia e igualdade. A prestación permitirá satisfacer totalmente as necesidades descritas, adecuándose o seu obxecto a estas, e conformando un obxecto contractual completo que non é obxecto de fraccionamento. 2. OBXECTO DO CONTRATO Obxecto do Execución de rede de saneamento no lugar Sequeiros -Saiar contrato Réxime xurídico ☒Administrativo. ☐ Administrativo especial. ☐ Privado. Concello de Caldas de Reis C/ Ferrería, 1, Caldas de Reis. 36650 (Pontevedra). Tfno. 986540002. Fax: 986530393 1 GD6DD29EMZFWQ3WTATHLJ3HR7 :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.sieredsadlac//:sptth :nóiccerroC 41 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.