ACTA DE ADMISIÓN DE TODOS OS INTERESADOS MEDIANTE A APERTURA E
CUALIFICACIÓN DO SOBRE ELECTRÓNICO A (DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA E
CRITERIOS AVALIABLES POR XUÍZO DE VALOR) E REMISIÓN Á OFICINA TÉCNICA
DE MEDIO AMBIENTE, INFRAESTRUTURAS, ENXEÑERÍA E SERVIZOS (OTMAIES)
PARA INFORME
EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN: 2025/ABSO/000011
OBRA DE REFORMA INTEGRAL DO PARQUE DA RÚA LUIS OTERO
ACTO: Proceder a realizar a apertura e cualificación da documentación contida no sobre
electrónico A (documentación administrativa e criterios avaliables por xuízo de valor) e
requirimento á OTMAIES para informe.
ÓRGANO QUE SE REÚNE: Mesa de Contratación.
DÍA: 12/08/2026
LUGAR: Sala de reunións do primeiro andar do Edificio Municipal sito en Michelena 30
HORA DE INICIO: 09:50 horas.
HORA DE FIN: 09:57 horas
No expediente mencionado na parte superior desta acta e no lugar, día e hora indicados,
comparecen as persoas que de seguido se relacionan co obxecto de proceder á realización do
acto mencionado no expediente de contratación indicado.
ASISTENTES:
PRESIDENTE: Don Raimundo González Carballo
Concelleiro da área legal e económica
SECRETARIO: D. José Francisco González Neira (Xefe do
Servizo de Contratación).
VOGAIS: Dona Blanca Vega Lorenzo (Interventora
Xeral Municipal).
D. José Antonio García Mon (Director da
Asesoría Xurídica).
D. Manuel Xesús Fontán Bouzas (Técnico de
Parques y Jardines)
A secretaría deste órgano da lectura ás empresas que se presentaron a este procedemento de
contratación:
EMPRESAS QUE SE PRESENTARON A JARDINERÍA ARCE, S.L.
ESTE PROCEDEMENTO DE
CONTRATACIÓN ZONA DE OBRA O ROSAL, S.L.
Acto seguido, en acto non público, procédese á apertura do sobre electrónico A, que contén a
documentación administrativa e as propostas ou ofertas que se formulan polas entidades
Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en:
https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:ARDOWXNZ3H8S64IW
admitidas a este procedemento de contratación correspondente aos criterios de adxudicación
avaliables mediante xuízo de valor determinados no prego de cláusulas administrativas
particulares.
Tras a apertura do sobre electrónico A a Mesa de Contratación, por unanimidade, acorda:
Determinar que a documentación administrativa presentada polas entidades mencionadas
anteriormente é correcta e en consecuencia admitir a estas empresas a este procedemento de
contratación.
As ofertas contidas no sobre electrónico A (criterios avaliables por xuízo de valor) deben
avaliarse conforme aos criterios de adxudicación determinados nos pregos de cláusulas
administrativas.
Unha vez abertas estas ofertas dos sobres electrónicos A a Mesa de Contratación, por
unanimidade, acorda:
Dar traslado destas ofertas contidas nos sobres electrónicos A para informe por parte da
OTMAIES.
Finalizada a apertura de sobres, o Sr. Presidente da por finalizado o acto mencionado
anteriormente e levanta a sesión do que eu, como Secretario, dou fe.
Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en:
https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:ARDOWXNZ3H8S64IW
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.