Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
2025/ABSO/000011 Certificación do acordo Raimundo González Carballo, Concelleiro Secretario da Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra. Certifico: que a Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 02.07.2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: 3.- OBRA DE REFORMA INTEGRAL DO PARQUE DA RÚA LUIS OTERO. APROBACIÓN EXPEDIENTE. 2025/ABSO/000011. Examinado o expediente do contrato de obra que se menciona na parte dispositiva deste acordo, resultan relevantes os seguintes feitos: 1.-Redactouse o proxecto para a execución das obras mencionadas na parte dispositiva deste acordo, incluíndo os documentos que establece o artigo 233 da LCSP como preceptivos, o cal foi redactado co obxecto de satisfacer as necesidades que constan no proxecto. 2.-A concelleira responsable da área de Promoción da Igualdade, do Benestar, da Saúde e da Economía aprobou o proxecto de obra deste expediente de contratación, así como acordou o inicio deste procedemento. 3.-Formulouse o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán este procedemento aberto simplificado. 4.-Emitiuse o informe preceptivo do Secretario de Administración Municipal (por delegación da Asesoría Xurídica). Fundamentos xurídicos Primeiro.-O proxecto para a execución das obras mencionadas na parte dispositiva deste acordo, reúne todos os requisitos esixidos polo artigo 233 da Lei 9/2017 do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, estando incorporado o estudo de seguridade e saúde, en cumprimento do disposto no Real decreto 1627/97 de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, estudo que se aprobou por delegación do órgano de contratación. Segundo.-O artigo 131 da LCSP, establece que o procedemento aberto constitúe un dos procedementos ordinarios para adxudicar os contratos, e en consecuencia pode acudirse a este procedemento para adxudicar este contrato. Así mesmo, de conformidade co artigo 159 da LCSP, ao tratarse dun procedemento simplificado, deberá publicarse anuncio de licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público. Terceiro.-O prego de cláusulas administrativas particulares que consta no expediente de contratación cumpre coas determinacións establecidas no artigo 122 da LCSP e nos apartados 2 e 3 do artigo 67 do regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas aprobado por Real decreto 1098/2001. Cuarto.-A competencia para a aprobación do expediente de contratación así como dos pregos é da Xunta de Goberno Local de conformidade cos artigos 117 e apartado cuarto da disposición adicional segunda da LCSP. Á vista do exposto, e unha vez incorporado ao expediente o correspondente certificado de existencia de crédito orzamentario ou documento que legalmente lle substitúa expedido pola oficina de contabilidade, e o preceptivo informe de fiscalización emitido pola Intervención Xeral Municipal, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, acorda: 1 / 2 Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en: https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:S3ZGBKNF9SYDBVE8

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.