rúa de Michelena, núm. 30, 1º
986 100 185 - 986 804 300
sede.pontevedra.gal
EXPEDIENTE DO CONTRATO DE OBRA: “OBRA DE REFORMA INTEGRAL DO PARQUE DA RÚA
LUIS OTERO”.
NÚMERO DE EXPEDIENTE: 2025/ABSO/000011.
TRAMITE: RESOLUCIÓN DE INICIO.
RESOLUCIÓN DA CONCELLEIRA DA ÁREA DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE, DO BENESTAR, DA
SAÚDE E DA ECONOMÍA.
Examinado o proxecto de obra que se menciona na parte dispositiva desta resolución así como o informe do
servizo promotor do contrato, nos que se xustifica a natureza e extensión das necesidades a satisfacer así
como a idoneidade do obxecto e natureza do contrato para satisfacelas nos termos que esixe o artigo 28.1 da
Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público, que se asumen nesta resolución.
Considerando que está xustificada a necesidade de proceder a realizar un contrato de obra para executar o
proxecto indicado.
Resultando que a contratación da citada obra require a aprobación do proxecto de obra polo órgano de
contratación, conforme dispón o artigo 231.1 da LCSP. Este órgano é a Xunta de Goberno Local de
conformidade co apartado cuarto da disposición adicional segunda da LCSP. Non obstante, este órgano,
mediante acordo de data 12 de febreiro de 2026, acordou delegar na concelleira da Área de Promoción da
Igualdade, do Benestar, da Saúde e da Economía a competencia para aprobar os proxectos de obra.
Así mesmo, a contratación da devandita obra, require acordo de inicio do órgano de contratación, que foi
delegado pola Xunta de Goberno Local na concelleira da Área de Promoción da Igualdade, do Benestar, da
Saúde e da Economía no acordo citado no parágrafo anterior.
Á vista do exposto, por delegación da Xunta de Goberno Local de data 12 de febreiro de 2026, ACORDO:
Primeiro.-Aprobar o proxecto de obra seguinte, así como o estudo básico de seguridade e saúde que está
incorporado ao proxecto:
DENOMINACIÓN ORZAMENTO TOTAL PRAZO EXECUCIÓN
(IVE incluído)
OBRA DE REFORMA INTEGRAL DO
PARQUE DA RÚA LUIS OTERO 450.000,00 € 6 (SEIS) MESES
1 / 2
Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en:
https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:7VBFTP5XF9NTNLFU
Segundo.-Acordar o inicio do expediente do contrato de obra que se menciona na cabeira desta resolución, e
considerar xustificada a natureza e extensión das necesidades que se pretenden satisfacer no contrato, así
como a idoneidade do obxecto e contido para satisfacelas.
Terceiro.-Que se proceda a incorporar ao expediente os documentos que correspondan ata a formalización do
contrato.
En Pontevedra, na data que consta na sinatura electrónica.
2 / 2
Este documento foi asinado electronicamente no Concello de Pontevedra. Pode comprobar a súa autenticidade en:
https://sede.pontevedra.gal introducindo o seguinte código seguro de verificación:7VBFTP5XF9NTNLFU
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.