EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº 58/2026 (ELECTRÓNICO Nº 10684/2026)
OBRA: “ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO GUILLABAI
(DORRÓN)" - PLAN PROVINCIA EXTRAORDINARIA 2026 (PLAN EXTRA
2026)
EXPTE. CONCELLO SUBVENCIÓN Nº: 4032/2026
EXPTE. DEPUTACIÓN Nº 2026030291
ASUNTO: APROBACIÓN DO EXPEDIENTE E DO GASTO
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Dado a que a Mesa de Contratación celebrada o día 5 de novembro de 2026
declarou deserta a licitación anterior (expediente de contratación nº 40/2026
(electrónico 6984/2026)), resulta necesario incoar un novo expediente de
contratación para garantir a cobertura das necesidades que motivaron a
contratación orixinaria das obras denominadas “Ensanche e pavimentación do
Camiño de Guillabai (Dorrón)", investimento parcialmente subvencionado pola
Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Provincia Extraordinaria 2026, e
visto o informe emitido pola secretaría xeral o 10 de novembro de 2026 e o
informe de fiscalización previa á aprobación do expediente e do gasto,
subscrito polo interventor xeral o 19 de novembro de 2026, esta alcaldía, no
uso das súas atribucións, RESOLVE:
PRIMEIRO: Aprobar o expediente de contratación das obras de “Ensanche e
pavimentación do Camiño Guillabai (Dorrón)", cun orzamento base de
licitación de 154.800,16 € e cun valor estimado de 127.934,02 €, mediante
procedemento aberto, contrato que non se encontra suxeito a regulación
harmonizada, de conformidade co sinalado nos arts. 19 e 20 da Lei 9/2017, do
8 de novembro de Contratos do Sector Público (en diante LCSP), e por
tramitación ordinaria.
SEGUNDO: Aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares
(PCAP), que consta de 26 cláusulas e 4 anexos.
TERCEIRO: Aprobar o gasto polo importe de 154.800,16 €, orzamento base
de licitación incluído o IVE con cargo á aplicación orzamentaria do orzamento
separado da Entidade Local 45301 / 60100 (proxecto da contabilidade nº:
2026043 ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN CAMIÑO GUILLABAI – DORRÓN,
cun RC nº 15922 para a cantidade de 31.989,88€ e RC nº 19688 para o
importe de 122.810,88€) para o financiamento da obra referida, importe
subvencionado en parte pola Deputación de Pontevedra (122.810,28 €) e
fondos propios municipais (31.989,88 €).
CUARTO: Continuar a tramitación sucesiva do expediente coa publicación do
anuncio de licitación no Perfil do Contratante do Concello de Sanxenxo a través
da Plataforma de Contratación do Sector Público.
En Sanxenxo, na data consignada na sinatura electrónica
NOICULOSER
J99DK7K2EPQN9NNZ6PEZMJS6A
:nóicadilaV
.dóC
6202/11/91
:ahceF
1473-6202
:oremúN
/lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth
:nóicacifireV
1
ed
1
anigáP
|
anoitseG
ocilbuPse
amrofatalp
al
edsed
etnemacinórtcele
odamrif
otnemucoD
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.