Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº 40/2026 (ELECTRÓNICO Nº 6984/2026) OBRA: “ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO GUILLABAI (DORRÓN)" - PLAN PROVINCIA EXTRAORDINARIA 2026 (PLAN EXTRA 2026) EXPTE. CONCELLO SUBVENCIÓN Nº: 4032/2026 EXPTE. DEPUTACIÓN Nº 2026030291 ASUNTO: APROBACIÓN DO EXPEDIENTE E DO GASTO RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Dada conta do expediente para a contratación das obras denominadas “Ensanche e pavimentación do Camiño de Guillabai (Dorrón)", investimento parcialmente subvencionado pola Deputación de Pontevedra, dentro do Plan Provincia Extraordinaria 2026, e visto o informe emitido pola secretaría xeral o 2 de outubro de 2026 e o informe de fiscalización previa á aprobación do expediente e do gasto, subscrito polo interventor xeral o 8 de outubro de 2026, esta alcaldía, no uso das súas atribucións, RESOLVE: PRIMEIRO: Aprobar o expediente de contratación das obras de “Ensanche e pavimentación do Camiño Guillabai (Dorrón)", cun orzamento base de licitación de 154.800,16 € e cun valor estimado de 127.934,02 €, mediante procedemento aberto, contrato que non se encontra suxeito a regulación harmonizada, de conformidade co sinalado nos arts. 19 e 20 da Lei 9/2017, do 8 de novembro de Contratos do Sector Público (en diante LCSP), e por tramitación ordinaria. SEGUNDO: Aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares (PCAP), que consta de 26 cláusulas e 4 anexos. TERCEIRO: Aprobar o gasto polo importe de 154.800,16 €, orzamento base de licitación incluído o IVE con cargo á aplicación orzamentaria do orzamento separado da Entidade Local 45301 / 60100 (proxecto da contabilidade nº: 2026043 ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN CAMIÑO GUILLABAI – DORRÓN, cun RC nº 15922 para a cantidade de 31.989,88€ e RC nº 19688 para o importe de 122.810,88€) para o financiamento da obra referida, importe subvencionado en parte pola Deputación de Pontevedra (122.810,28 €) e fondos propios municipais (31.989,88 €). CUARTO: Continuar a tramitación sucesiva do expediente coa publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante do Concello de Sanxenxo a través da Plataforma de Contratación do Sector Público. En Sanxenxo, na data consignada na sinatura electrónica NOICULOSER G67YMMXPDEDXXFMPA4WZ5E3G6 :nóicadilaV .dóC 6202/01/90 :ahceF 2423-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth :nóicacifireV 1 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD