Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº 40/2026 (ELECTRÓNICO Nº 6984/2026) OBRA: “ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO GUILLABAI (DORRÓN)" - PLAN PROVINCIA EXTRAORDINARIA 2026 (PLAN EXTRA 2026) EXPTE. CONCELLO SUBVENCIÓN Nº: 4032/2026 EXPTE. DEPUTACIÓN Nº 2026044604 ASUNTO: INCOACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA O 20 de marzo de 2026 asinouse o proxecto das obras denominado “Ensanche e pavimentación do Camiño de Guillabai (Dorrón)”, redactado polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D. Javier Carballo Núñez, cun orzamento de execución por contrata de 154.800,16 € (IVE engadido) e un prazo de tres meses para a realización dos traballos. Este proxecto serviu de base na solicitude dunha subvención á Deputación Provincial, ao abeiro do Plan Provincia Extraordinaria 2026 (en diante PLAN EXTRA 2026), cuxas bases e convocatoria foron publicadas no BOPPO nº 79, do 28 de abril de 2026. Esta solicitude do Concello para a realización do investimento sinalado no parágrafo primeiro desta resolución, foi acordada por resolución desta alcaldía de data 28 de maio de 2026. A axuda solicitada foi de 122.810,28 €. O concello achega a contía restante, 31.989,88 €. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 11 de setembro de 2026, adoptou, entre outros acordos, o de conceder esta subvención ao concello, ao abeiro do Plan Extra 2026, co obxecto de financiar parte do investimento (expediente da Deputación Provincial nº 2026044604). Á vista de que o proxecto técnico para a obra referida reúne os requisitos técnicos, tal como se recolle nos informes técnicos e xurídico emitidos en senso favorable e dado que existe crédito suficiente e adecuado para atender as obrigas derivadas desta actuación, (crédito retido na aplicación orzamentaria 45301 / 60100 (RC nº 19688 para o importe de 122.810,28€ e RC nº 15922 para 31.989,88€ de fondos propios do concello), esta alcaldía, mediante resolución de data 28 de maio de 2026, aprobou o proxecto de execución das obras referido. En aras do disposto no artigo 236 da Lei 9/2017, do 8 de novembro de Contratos do Sector Público (en diante LCSP) é reformulado o proxecto asinándose o 10 de xuño de 2026 acta de trazado previo (modelo obrigado polo Plan mais Provincia - ANEXO III), comprobándose a realidade xeométrica das obras proxectadas, a dispoñibilidade dos terreos precisos para a súa normal execución e cantos supostos que figuran no proxecto técnico aprobado e que son básicos para a execución do investimento. 1 NOICULOSER FT2EHPC2Y6WK4EQWF4SEZAA43 :nóicadilaV .dóC 6202/01/10 :ahceF 7613-6202 :oremúN /lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth :nóicacifireV 2 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.