Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
EXPEDIENTE CONTRATACIÓN Nº 40/2026 (ELECTRÓNICO Nº 6984/2026) OBRA: “ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO GUILLABAI (DORRÓN)" - PLAN PROVINCIA EXTRAORDINARIA 2026 (PLAN EXTRA 2026) EXPTE. CONCELLO SUBVENCIÓN Nº: 4032/2026 EXPTE. DEPUTACIÓN Nº 2026044604 ASUNTO: MEMORIA XUSTIFICATIVA DA NECESIDADE E IDONEIDADE DO CONTRATO Por resolución da alcaldía de data 28 de maio de 2026, acordouse realizar o investimento denominado “Ensanche e pavimentación do camiño Guillabai (Dorrón)”, cun orzamento de 154.800,16 € (IVE engadido), solicitando á Deputación Provincial para a realización do investimento sinalado unha subvención polo importe de 122.810,28 € con cargo ao Plan Provincia Extraordinaria 2026 (Plan Extra 2026). As bases reguladoras destas axudas, así como a súa convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) nº 79, do 28 de abril de 2026. Na solicitude desta subvención, serviu de base o proxecto de execución das obras denominado “Ensanche e pavimentación do camiño Guillabai (Dorrón)”, redactado polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D. Javier Carballo Núñez, cun investimento de 154.800,16 € (IVE engadido) e un prazo de execución de tres (3) meses. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 11 de setembro de 2026, adoptou o acordo de conceder a subvención ao concello de Sanxenxo polo importe solicitado, 122.810,28 €, (expediente provincial nº 2026030291), aportando o concello o importe restante, 31.989,88 euros. Á vista de que o proxecto técnico para a obra referida reúne os requisitos técnicos, tal como se recolle nos informes técnicos e xurídico emitidos en senso favorable, dando conta da autorización do Servizo do Litoral e dado que existe crédito suficiente e adecuado para atender as obrigas derivadas desta actuación, (crédito retido na aplicación orzamentaria 45301 / 60100 (RC nº 19688 para o importe de 122.810,28€ e RC nº 15922 para 31.989,88€ de fondos propios do concello), esta alcaldía, mediante resolución de data 28 de maio de 2026, aprobou o proxecto de execución das obras referido. Na memoria do proxecto técnico indícase a finalidade das obras proxectadas, que non é outra que dar ensanche e pavimentación dun camiño principal, coñecido como Camiño Guillabai, na parroquia de Dorrón (Concello de Sanxenxo). 1 YS35DHTXG4GQXDL6LXKJ57RX7 :nóicadilaV .dóC /lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth :nóicacifireV 2 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.