Informe de criterios de adjudicación

Otros Documentos Ver licitación
EXPTE.: 3602/2026 (21/2026): “ACONDICIONAMENTO E AMPLIACIÓN DA PÉRGOLA PARA CUBRICIÓN DO GRADERÍO NO CAMPO DE FÚTBOL DE BALTAR (SANXENXO)”, dentro do III PLAN EXTRAORDINARIO DE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS (PEID III) DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” EXPTE. CONCELLO SUBVENCIÓN: 8565/2025 EXPTE. DEPUTACIÓN: 2025080958 ASUNTO: INFORME CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN E ATRIBUCIÓN DE PUNTUACIÓNS. No Concello de Sanxenxo estase a tramitar un procedemento para a contratación da execución da obra de “Acondicionamento e ampliación da pérgola para cubrición do graderío no campo de fútbol de Baltar”, actuación ao abeiro do III Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas da Deputación de Pontevedra. En cumprimento do disposto no artigo 116.4. c) da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (en diante, LCSP), emítese o seguinte informe xustificativo dos criterios que se terán en consideración para adxudicar o contrato. Os criterios de adxudicación que se recollerán no prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP) todos eles serán avaliables de forma automática e mediante fórmulas, debido a que o procedemento de adxudicación deste contrato ao que se opta é o aberto simplificado regulado polo artigo 159.6 da LCSP, á vista do disposto na resolución da alcaldía de data 2 de xuño de 2026, pola que se incoa o expediente de contratación. De acordo co proxecto técnico redactado, o obxectivo é realización de intervención sobre a estructura actual co fin de mellorar o seu estado de conservación, garantir a sua seguridade estrutural e adecuala ao requerimentos normativos vixentes, ase como ás condición de uso actuáis do recinto deportivo. Tendo en conta as partidas do proxecto técnico e sempre garantindo unha mellor relación calidade-prezo na adxudicación do contrato, os parámetros ou criterios de adxudicación que se propoñen versan en: - Mellora das calidades e dos materiais. - Menor consumo enerxético.e sostenibilidade. - Aseguramento da accesibilidade para todos os usuarios. - Aseguramento da seguridade en todo o ámbito de actuación. - Melloras que incrementen a reducción de impactos no mediambiente, na consecución dos requisitos establecidos pola UE da economía circular. 1 C7AP4ENEXSMYKS9F2EF566FE5 :nóicadilaV .dóC /lag.acinortceledes.oxnexnasedollecnoc//:sptth :nóicacifireV 3 ed 1 anigáP | anoitseG ocilbuPse amrofatalp al edsed etnemacinórtcele odamrif otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.