Xunta de Goberno Local. Inadmisión e exclusión de licitadores. Suspensión do procedemento

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE VIGO Secretaría de Goberno Local Dª. PATRICIA RODRIGUEZ CALVIÑO, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO C E R T I F I C O: Que a Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria e urxente do 21 de outubro de 2026, adoptou o seguinte acordo: 2.- INCIDENCIAS NO CONCURSO DE PROXECTOS PARA O DESEÑO E REALIZACIÓN DUNHA ESCULTURA PARA RECOÑECEMENTO DA FIGURA DO FUTBOLISTA DO RC CELTA DE VIGO, IAGO ASPAS. EXPTE. 6667/330. Sométese a aprobación o informe-proposta de data 20/10/2026, asinado pola xefa de Área de Contratación e Novos Proxectos e conformado polo concelleiro delegado de Cultura, que di o seguinte: NORMATIVA DE APLICACIÓN • Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 • Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público (RLCSP) • Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas (RLCAP), no que non se opoña ao Real decreto lexislativo 3/2011 • Bases que rexerán o concurso de proxectos, con intervención de xurado, para o deseño e realización dunha escultura destinada á vía pública, para recoñecemento da figura do futbolista do RC CELTA DE VIGO, IAGO ASPAS ANTECEDENTES Primeiro.- En data 14 de agosto de 2026 a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo acordou aprobar o expediente de contratación do concurso de proxectos, con intervención de xurado, para o deseño e realización dunha escultura, destinada á vía pública, para recoñecemento da figura do futbolista do RC Celta de Vigo, Iago Aspas, autorizar o gasto e abrir o procedemento de licitación. Segundo.- O anuncio de licitación foi publicado o 19 de agosto no perfil de contratante do Concello de Vigo, aloxado na Plataforma de contratación do Sector Público, abríndose o prazo de presentación de proposicións, que rematou o 21 de setembro de 2026. Terceiro.- Finalizado o prazo de presentación de proposicións, reuniuse o xurado en data 2 de outubro de 2026, que procedeu a súa constitución e a acordar a admisión ou inadmisión dos concursantes presentados: ZEUGÍRDOR AICIRTAP ( - LACOL ONREBOG ED ATNUX AD AIRATERCES-ARIELLECNOC | 12:81:11 6202/01/12 ) AÑIRAF ODRALLAG ANASUS ( - LACOL ONREBOG ED AIRATERCES :ROP ODANISA odanisa otnemucoD 53:84:21 6202/01/12 ) ZERAVLÁ ORELLABAC NÓMAR LEBA ( - EDLACLA | 30:93:11 6202/01/12 ) OÑIVLAC Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 22/10/2026 Páxina 1 de 7 6667-330 CSV: A2BA2F-56C6C8-33C2BA-M5ASBF- Pode validar e/ou obter copia electrónica do documento utilizando o código QR da esquerda ou o código de verificación na dirección http://www.vigo.org/csv

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.