Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE MONFERO (A Coruña) CERTIFICACIÓN Baldomero Beceiro Alonso, secretario do Concello, agás erro ou omisión involuntaria, CERTIFICO que a Xunta de goberno local, na sesión realizada o venres 25 de setembro de 2026, aprobou a proposta da alcaldía que deseguido transcribo: “6.- INICIO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA INCLUÍDA NO POS+ ADICIONAL 2/2026 (1ª FASE) NOMEADA MODIFICADO PROXECTO MELLORA PAVIMENTACIÓN NAS PARROQUIAS DE SAN FIZ, VAL XESTOSO E ALTO XESTOSO (EXPDTE. TEDEC: 2026/C003/000008) Logo de ver as circulares da Deputación Provincial da Coruña, sobre a aprobación do Plan, acordos anteriores dos órganos de goberno do Concello, informe de fiscalización da fase A de autorización do gasto, demais informes, proxecto técnico, acta de reformulo e restante documentación deste expediente, e, tras considerar, á vista das características do contrato, que o procedemento aberto simplificado, co prezo máis baixo como único criterio de adxudicación, é o máis adecuado para efectuar a selección do contratista da forma máis acertada e vantaxosa na procura da mellor relación calidade- prezo e non tratarse de ningún dos contratos aos que se refire o art. 145.3. da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público (en adiante LCSP); propóñolle á Xunta de Goberno local a adopción dos seguintes acordos: 1. Aceptar expresamente a delegación efectuada pola Deputación Provincial da Coruña para a contratación e execución destas obras. 2. Xustificar a necesidade de realizar a obra definida no proxecto nomeado, MODIFICADO PROXECTO MELLORA PAVIMENTACIÓN NAS PARROQUIAS DE SAN FIZ, VAL XESTOSO E ALTO XESTOSO, cun orzamento de 119.011,50€, aprobado polo Pleno da Corporación, na sesión realizada 19/06/2026, para dotar á veciñanza e demais usuarios das melloras que se describen detalladamente no devandito proxecto técnico, motivándoa polo estado no que se encontran os camiños e que precisan de obras de acondicionamento, resultando idóneo o obxecto e contido do proxecto para satisfacela. 3. Non aplicar a división en lotes polos seguintes motivos e consideracións relativas ás súas circunstancias e ás consecuencias que suporía para o Concello: – A división en lotes tería un importante custo económico para o concello e implicaría unha maior dedicación do seu persoal técnico e administrativo, pola necesidade de redactar documentos técnicos independentes para cada lote que servisen de base á licitación coa seguridade xurídica necesaria para definir con exactitude o obxecto do contrato. – Aínda que no proxecto inclúen distintos orzamentos parciais ou partes que poderían ser adxudicadas por lotes, moitas veces existen partidas comúns a todas elas, como son as relativas a seguridade e saúde, a control de calidade, a xestión de residuos, e outros 1 Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) /se.orefnom.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV 4gfBs8SkX5KVh+YbyKzu :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.