Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CERTIFICADO EXPEDIENTE NÚM. ÓRGANO COLEXIADO DATA DA SESIÓN 77/2026 A Xunta de Goberno Local 13/11/2026 SANTIAGO OTERO RAVIÑA, secretario do Concello de Moeche (A Coruña). CERTIFICO: Que, a Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada na data arriba indicada adoptou o seguinte acordo: Expediente 77/2026. CONTRATACIÓN DA OBRA DE MELLORAS NA PISCINA MUNICIPAL DE MOECHE NA ÁREA RECREATIVA DE SOUTOGRANDE Favorable Tipo de votación: Ordinaria Tipo de maioría: Unanimidade FEITOS E FUNDAMENTOS DE DEREITO Visto o expediente instruído para contratación da obra denominada “ Melloras na Piscina Municipal de Moeche na Área Recreativa de Soutogrande ” , segundo proxecto redactado polo enxeñeiro de camiños D. Igor Vergara Otero, segundo o seguinte detalle: Tipo de contrato: Obras Obxecto do contrato: Melloras na Piscina Municipal de Moeche na Área Recreativa de Soutogrande Procedemento de Aberto Simplificado contratación: Tipo de tramitación: Ordinaria Aplicación orzamentaria: 342.619000 Valor estimado do 93.535,95 € contrato: IVE: 19.642,55 € Orzamento base de 113.178,50 € licitación: Código CPV: 45212212. Traballos de construción de piscinas Duración da execución: CINCO MESES (5) Responsable do contrato: Igor Vergara Otero, Enxeñeiro Concello de Moeche Rúa da Feira, 32, MOECHE. 15563 (A Coruña). Tfno. 981404006. Fax: 981404200 Examinada a documentación que a acompaña, visto o informe da Secretaría en relación á lexislación aplicable e ao procedemento a seguir, visto o informe de fiscalización da Intervención municipal, e de conformidade co establecido na Disposición Adicional Segunda da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, Vista a proposta de resolución PR/2026/520 de 13 de novembro de 2026. RESOLUCIÓN PRIMEIRO.- Aprobar o proxecto da obra denominada “Melloras na Piscina Municipal de Moeche na Área Recreativa de Soutogrande” redactado polo enxeñeiro de camiños Igor Vergara Otero, cun orzamento de licitación por contrata de 93.535,95 euros máis 19.642,55 euros de IVE, facendo un orzamento total de 113.178,50 euros. SEGUNDO.- Aprobar a iniciación do procedemento de licitación da obra denominada “ Melloras na Piscina Municipal de Moeche na Área Recreativa de Soutogrande ” mediante procedemento aberto simplificado. TERCEIRO.- Aprobar o gasto correspondente con cargo á aplicación orzamentaria 432.61900. CUARTO.- Aprobar os Pregos de Cláusulas Administrativas Particulares e de Prescricións Técnicas que rexerán o contrato. QUINTO.- Publicar o anuncio de licitación no perfil de contratante co contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. SEXTO.- Publicar no perfil de contratante toda a documentación integrante do expediente de contratación, en particular o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas. A documentación necesaria para a presentación das ofertas ten que estar dispoñible o mesmo día de publicación do anuncio de licitación. Moeche, na data da sinatura electrónica A Alcaldesa Beatriz Bascoy Maceiras E, para que conste, expido a presente, de orde e co visto e prace da Sra. alcaldesa e coas salvedades previstas no artigo 206 do ROF das Entidades locais, en Moeche na data indicada na sinatura electrónica DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE Concello de Moeche

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.