Memoria xustificativa do contrato.pdf

Documento Adicional Ver licitación
Expediente núm.: 77 /2026 Procedemento: OBRAS Asunto: Melloras na piscina municipal de Moeche na Área Recreativa de Soutogrande Memoria xustificativa do contrato 1. Introdución. De conformidade co previsto nos artigos 28 e 63 da Lei 9/2017 de 8 de novembro de Contratos do sector público, emítese a presente memoria no contrato de obras de “Melloras na piscina municipal de Moeche na Área Recreativa de Soutogrande”. 2. Descrición da situación actual e das necesidades a satisfacer. O Concello de Moeche pretende no presente proxecto unha serie de melloras na piscina municipal e outras instalacións anexas da Área Recreativa de Soutogrande, a carón do río Grande de Xubia na parroquia de San Xurxo. En concreto, son tres as actuacións propostas no presente proxecto para mellorar as instalacións municipais da Área Recreativa de Soutogrande: - Nova impermeabilización do vaso da piscina municipal, incluíndo o paseo lateral ata o canal perimetral de rebordamento. - Substitución do pavimento peonil existente no perímetro da piscina municipal, de plaqueta prefabricada de formigón de 60x40 cm, en mal estado con plaquetas levantadas e zonas afundidas. - Restauración da caseta con aseos existente no lado oeste da piscina municipal, para transformala nun aseo totalmente adaptado. No caso da piscina municipal, o recubrimento de gresite do vaso e do paseo lateral da piscina ata o canal de rebordamento comeza a presentar teselas en mal estado ou soltas, có risco de corte que isto supón para os usuarios, polo que se propón unha nova impermeabilización sobre a xa existente, sen necesidade de retirar o recubrimento actual, mediante unha lámina armada de PVC- P sobre xeotextil antifungos de alto gramaxe. En canto ao pavimento peonil existente no perímetro da piscina municipal, en mal estado, a intervención consistirá na demolición do pavimento actual para repoñelo a continuación por outro de similares características. Así pois, unha vez rematada a demolición e a caixa para o novo paquete de firmes, estenderase unha nova base de zafra e sobre esta unha nova soleira de formigón armado con mallazo, que servirá de soporte para un novo pavimento de plaqueta prefabricada de 60x40x5 cm asentada sobre morteiro de cemento. Xa por último, tamén se actuará sobre a caseta situada no lado oeste da piscina. Neste caso a intervención consistirá no baleirado do interior da caseta, incluíndo os solos de madeira, para deixar unicamente os cerramentos laterais e a cuberta e así proceder á súa restauración. Asemade da restauración dos cerramentos laterais e da cuberta, o que inclúe a substitución de elementos en mal estado e o pintado das superficies restauradas tanto polo interior coma polo exterior, os traballos inclúen a formación dun novo aseo totalmente adaptado no interior da caseta restaurada. Para a formación do aseo adaptado será necesario botar unha nova soleira de formigón armado no interior da caseta, sobre a que se colocará un pavimento de gres porcelánico antiesvarante totalmente nivelado e sen escadas ou resaltes de calquera tipo. Dentro da caseta, Concello de Moeche Rúa da Feira, 32, MOECHE. 15563 (A Coruña). Tfno. 981404006. Fax: 981404200 MZZFRNPA46YQS34HLWY6MK2YC :nóicadilaV .doC /lag.acinortceledes.ehceom//:sptth :nóiccerroC 5 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.