PCAP.pdf

Pliego / Legal Ver licitación
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE HABERÁN DE REXER PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO (MEDIANTE A APLICACIÓN DE FORMULAS) DA OBRA DENOMINADA MELLORAS NA PISCINA MUNICIPAL DE MOECHE NA ÁREA RECREATIVA DE SOUTOGRANDE. I.-Elementos do contrato. 1) Obxecto e delimitación do contrato 1.1) Obxecto do contrato Este contrato ten por obxecto a execución da obra denominada MELLORAS NA PISCINA MUNICIPAL DE MOECHE NA ÁREA RECREATIVA DE SOUTOGRANDE, con suxeición ao proxecto técnico, redactado polo enxeñeiro de camiños D. Igor Vergara Otero, integrado polos documentos enumerados no artigo 233 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en diante LCSP), incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde ou estudo básico de seguridade e saúde, de acordo co establecido no art. 4 do Decreto 1.627/97 e o estudo de xestión de residuos de construción e demolición, de acordo co establecido no art. 4 do R.D. 105/2008. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase que forman parte integrante deste prego, polo que ten carácter contractual. En caso de contradición entre o Prego de cláusulas administrativas particulares e o Prego de prescricións técnicas prevalecerá o primeiro. 1.2) Delimitación do contrato Para os efectos deste prego e da LCSP están suxeitos a regulación harmonizada os contratos de obras cuxo valor estimado sexa igual ou superior á cantidade que figura no art. 20.1 LCSP. Dado o valor estimado do presente contrato, non está suxeito a regulación harmonizada. 1.3) Carácter transversal dos criterios sociais e ambientais De conformidade co establecido no art. 1.3 e concordantes LCSP os criterios sociais e ambientais recóllense neste prego de maneira transversal, en especial canto aos criterios de adxudicación e condicións especiais de execución, e esixencia de cumprimento da normativa laboral (en especial cumprimento de convenios e deberes de pago de salarios así como de prevención de riscos laborais) normativa social (persoas con discapacidade, igualdade de xénero, non discriminación de persoas) e ambiental (adopción de medidas ambientais e ecolóxicas), etc. 1.4)Principios De conformidade co art. 1 LCSP a presente contratación axústase aos principios de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os licitadores; e de asegurar, en conexión co obxectivo de estabilidade orzamentaria e control do gasto, e o principio de integridade, unha eficiente utilización dos fondos destinados á realización das obras. 2) ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN DO CONTRATO E TIPO DE LICITACIÓN Sinálase como tipo de licitación o importe do proxecto que figura na epígrafe 3 do cadro de características do contrato, que ascende a cantidade de 93.535,95 € + 19.642,55 € de IVE o que dá un orzamento de licitación de 113.178,50 € realizándose a mellora mediante baixa respecto deste. Entenderase por presuposto base de licitación o límite máximo de gasto que, en virtude do contrato, pode comprometer o órgano de contratación, incluído o imposto sobre o valor engadido, salvo disposición en contrario. Na contratación destas obras entenderase que os contratistas, ao formular as súas propostas económicas, incluíron dentro delas o importe do imposto sobre o valor engadido, sen prexuízo de que o importe deste imposto se indique como partida independente, de conformidade co art. 102.1 LCSP e modelo de oferta económica do

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.