01 Aprobacin expediente

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE BOIMORTO (A CORUÑA) Rúa Vilanova, 1 - 15817 BOIMORTO Teléfono: 981 516 020 - Fax: 981 516 045 E-mail: correo@boimorto.es Web: www.concellodeboimorto.es DECRETO ASUNTO APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, DO PROXECTO, DO GASTO, DO PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES E APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE “MELLORA VIARIO ACCESO A FREIXIDO” EXPEDIENTE 2026/C003/000004 ANTECEDENTES Primeiro. O Concello de Boimorto pretende executar as obras incluídas no proxecto técnico denominado “Mellora viario acceso a Freixido”, redactado por D. Pablo Blanco Ferreiro, enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, colexiado nº 22.992, pertencente a Estudio Técnico Gallego, S.A. O proxecto ten por finalidade a mellora das condicións de accesibilidade, circulación, seguridade e conservación do viario municipal de acceso a Freixido, mediante actuacións de ampliación da plataforma, mellora do firme, drenaxe, tratamentos superficiais, sinalización e demais actuacións previstas no proxecto técnico. O proxecto conta cun orzamento base de licitación de 63.906,00 euros, IVE excluído, ao que corresponde un IVE do 21 por cento por importe de 13.420,26 euros, resultando un orzamento total de 77.326,26 euros, IVE incluído. O proxecto técnico confirma igualmente este importe total. Segundo. A actuación está incluída no Plan Camiños Rurais 2026-2027, expediente de subvención PM26- 0153, promovido polo Concello de Boimorto. A Consellería do Medio Rural concedeu ao Concello unha subvención por importe de 63.906,00 euros, distribuída inicialmente entre os exercicios 2026 e 2027. O investimento presenta carácter plurianual, de acordo coa seguinte distribución económica: Exercicio Base impoñibleIVE 21 % Total 2026 26.035,30 € 5.467,41 € 31.502,71 € 2027 37.870,70 € 7.952,85 € 45.823,55 € Total 63.906,00 € 13.420,26 €77.326,26 € Terceiro. A Consellería do Medio Rural aprobou a ampliación do prazo de execución e xustificación correspondente á anualidade 2026 ata o 11 de decembro de 2026. Cuarto. Figura no expediente acta de replanteo previo do proxecto, asinada o 3 de marzo de 2026 polo seu redactor, na que se fai constar a correspondencia do proxecto coa realidade física e que non se aprecian dificultades para a súa execución cos terreos postos a disposición polo Concello. Quinto. Elaborouse memoria xustificativa da necesidade e idoneidade da contratación, na que se xustifica a utilización do procedemento aberto simplificado, con pluralidade de criterios de adxudicación, mediante criterios sometidos a xuízo de valor e criterios de apreciación automática. Sexto. Elaborouse o correspondente Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, que rexerá a preparación, adxudicación, formalización, execución e extinción do contrato. O prego establece que o contrato se adxudicará mediante procedemento aberto simplificado e pluralidade de criterios de adxudicación. Sétimo. Emitiuse informe de Secretaría sobre a lexislación aplicable e o procedemento de contratación, así como informe-proposta de Secretaría. Oitavo. Emitíronse os correspondentes informes da Intervención municipal relativos ao carácter plurianual do gasto, aos límites dos compromisos con cargo a exercicios futuros e á fiscalización previa do expediente. )00:02:11 6202/90/42 :AHCEF( ONIRBOS ZEDNANREF ATIRAGRAM , )00:91:11 6202/90/42 :AHCEF( zemóG ovoN súseJ aíraM ROP ODAMRIF 6202/90/42 :oterced ed ahceF - 6202/856 :ºN oterceD elbimirpmi nóisreV /se.otromiob.edes//:sptth .omsinagrO

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.