Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE TOURO (A CORUÑA) R.E.L. n.º 01150853 – C.I.F. P-1508600-B – MU 2000/196 EXPEDIENTE 2026/C003/000019. Contratación obra Mellora do parque exterior do Punto de Atención á Infancia. Trámite: informe xustificativo da conveniencia e necesidade de contratar a obra Contratación obra Mellora do parque exterior do Punto de Atención á Infancia. I.- Necesidade e idoneidade coa que se pretende dar satisfacción (artigos 1, 28 e 116 da LCSP) 1. Necesidade. En cumprimento do artigo 28 da LCSP, a natureza e extensión das necesidades que se pretenden cubrir mediante o contrato proxectado, xustifícanse na necesidade de rehabilitación e mantemento de infraestruturas viarias de titularidade municipal. Estas necesidades e a idoneidade das obras proxectadas para satisfacelas atópanse definidas detalladamente xunto co seu alcance, na memoria valorada. 2. Idoneidade. As obras proxectadas pretenden mellorar as condicións do parque exterior do Punto de Atención á Infancia, situado no Lugar de Fonte Díaz, no Concello de Touro, de xeito que ofreza mais seguridade aos usuarios do mesmo, mediante a incorporación de novo pavimento e elementos de sombreamento. II. Finalidade institucional, competencias municipais A finalidade a satisfacer pola administración municipal con este contrato é a conservación e mantemento de infraestruturas de titularidade municipal vinculadas á competencia municipal propia de carácter obrigatorio segundo o disposto nos artigos 25.2.d (Infraestrutura viaria e outros equipamentos da súa titularidade). III. Natureza das obras e financiamento 1. As obras a executar teñen a condición dunha actuación de inversión xa que supoñen un incremento da capacidade, rendemento e eficiencia da funcionalidade inherente as necesidades básicas dos servizos públicos que prestan ditas infraestruturas, ao tempo que se conseguirá unha ampliación da súa vida útil, polo cal teñen unha clara identificación con actuacións de “investimentos reais”, tipificándose o contrato como de obras (artigo 13 da LCSP). As obras financianse con recursos propios, que foron obxecto de expediente de suplemento de crédito aprobado polo Pleno da Corporación o 9 de xullo de 2026. IV. Conclusión Por todo o exposto considérase necesario e conveniente a contratación das obras “Mellora do parque exterior do Punto de Atención á Infancia.” Touro, na data da sinatura dixital. Alfredo Souto Castelo, concelleiro delegado da área de goberno de obras (Decreto 325/2025 de 01.09.2025). /lag.oruot.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV BhcCFjcEr++XKH7/qDos :DVC