ppt.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
M E M O R I A V A L O R A D A MELLORA DO PARQUE EXTERIOR DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (TOURO) FEBREIRO de 2026 2 P 0 - POLÍGONO DEL TAMBRE - VÍA LA CIERVA Nº 15 T e 1 l 5 é 8 fo 9 n 0 o - : ( S 9 A 81 N )5 T 7 IA 0 G 7 O 70 D - E F a C x O :( M 98 P 1 O ) S 57 T E 01 L A 11 ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, S.A. e-mail: estudiotg@estudiotg.es MEMORIA MELLORA DO PARQUE EXTERIOR DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA (CONCELLO DE TOURO – A CORUÑA) 1 MEMORIA DESCRIPTIVA 1.1 AXENTES. Redáctase a presente memoria a petición do Concello de Touro, coa finalidade de poder executa-las actuacións coa maior brevidade posible. 1.2 MEMORIA DA ACTUACIÓN. O programa de actuacións plantexado responde á vontade de mellorar as condicións do parque exterior do Punto de Atención á Infancia, situado no Lugar de Fonte Díaz, no Concello de Touro, de xeito que ofreza mais seguridade aos usuarios do mesmo, mediante a incorporación de novo pavimento e elementos de sombreamento. 1.2.1 Situación actual O parque no que se pretende actuar está situado na parcela con referencia catastral 15086A001001620000IQ. Nas inmediacións da parcela existen outros equipamentos municipais, como son a piscina descuberta, o PAI, unha área de estacionamento de autocaravanas e varias pistas deportivas. Trátase dun entorno deseñado para o desfrute da cidadanía, con amplas zonas de esparcemento. O parque do PAI actualmente está configurado mediante unha superficie de céspede natural en mal estado, e unha zona perimetral de losetas de caucho revestidas cunha lona de céspede artificial, cunha serie de desperfectos que fan que o mesmo non sexa axeitado para o uso de patio exterior de xogos. 2 MEMORIA CONSTRUTIVA As actuacións necesarias para a adecuación do parque exterior son as seguintes: TRABALLOS PREVIOS: - Demolición de pavimento exterior de caucho - Levantado de bordillo - Demolición de soleira de formigón - Traslado de arquetas PAVIMENTACIÓN: - Escavación de terras - Execución de zanxa drenante - Recheo de grava - Execución de soleira de formigón - Instalación de pavimento absorbedor de impactos de caucho continuo CUBRICIÓN: - Dúas estruturas de vela tensada de 32 m2 cada unha, con pilares metálicos e lona de tecido impermeable, de polipropileno. 3 PRAZO DE EXECUCIÓN Dadas as características das obras considérase necesario e suficiente un prazo de DOUS (2) MESES para a correcta terminación das mesmas. 4 ORZAMENTO Ascende o Presuposto Base de Licitación á expresada cantidade CORENTA E NOVE MIL CINCOCENTOS SETENTA E UN EUROS con CORENTA E UN CÉNTIMOS (49.571,41 €). En Touro, febreiro de 2026 O Arquitecto Isidro López Yáñez ANEXOS RECOMENDACIONS MEDIOAMBIENTAIS

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.