Proxecto - PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
AS SOMOZAS – A CORUÑA PROXECTO DE: MELLORA DO FIRME DO ACCESO A PRADAVELLA AUTOR: Pablo Blanco Ferreiro Enxeñeiro de Camiños, C. e P. Col. Nº.: 22.992 DATA: DECEMBRO DE 2025 POLÍGONO DEL TAMBRE - VÍA LA CIERVA Nº 15 T 1 el 5 é 8 f 9 o 0 n o - : ( S 9 A 8 N 1) T 5 I 7 A 0 G 7 O 7 0 D - E F C ax O :( M 98 P 1 O ) S 5 T 7 E 0 L 1 A 1 1 ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, S.A. e-mail: estudiotg@estudiotg.es Ref: 18SM25025 MEMORIA ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA PROXECTO DE: MELLORA DO FIRME DO ACCESO A PRADAVELLA (AS SOMOZAS - A CORUÑA) I.- ANTECEDENTES Redáctase o presente Proxecto a petición do Excmo. Concello de AS SOMOZAS, coa finalidade de presentar ante os Organismos Competentes, ao obxecto de solicitar as oportunas subvencións que lle permitan executar as obras á maior brevidade posible. II.- DESCRICIÓN DAS OBRAS E XUSTIFICACIÓN DA SOLUCIÓN ADOPTADA 1.- MELLORA DO FIRME DO ACCESO A PRADAVELLA Pretendese a mellora da capa de rodaxe dun viario de 1085x4 m. con 14 cm. de grava, tratamento asfáltico semiprofundo, tratamento asfáltico superficial e rego de selado, previo acondicionamento da explanación. Finalmente contemplase a limpeza de gabias e salvagabias para un correcto drenaxe lonxitudinal e transversal Nos planos, cadros de medicións e presupostos, especifícanse as unidades de obra a realizar, así como as características, dotacións e dimensións dos materiais propostos. En función das necesidades e pretensións municipais, dispoñibilidades orzamentarias, estado das obras e resposta de actuacións similares na zona, considérase que as unidades presupostadas representan a solución máis acorde co fin a acadar. III.- CONDICIÓNS DOS MATERIAIS O Prego prescribe as condicións que han de cumprir os materiais. Cando para a súa descrición se utilicen marcas comerciais, enténdese que poden ser substituídas, en todo caso, por outras de características semellantes ou superiores, aínda que non figure así na descrición incluída nalgún dos apartados deste Proxecto. ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA IV.- NORMAS CONSTRUTIVAS Esixiranse as normas construtivas que aparecen no Prego de Condicións, ademais das incluídas nas normas de carácter xeral vixentes. Nos prezos unitarios entenderanse incluídos os medios auxiliares, ferramentas e dispositivos necesarios para a completa terminación da obra. As unidades de obra deben estar totalmente terminadas aínda que algúns elementos non aparezan taxativamente determinados nos Cadros de Prezos e Presupostos. V.- PREZOS O cálculo dos prezos das distintas unidades de obra realizase considerando custes directos e indirectos precisos para a súa execución. Os prezos nomeados en letra no apartado de Cadro de Prezos, coa rebaixa que resulte na subasta ou concurso, son os que serven de base ó contrato, e o contratista non poderá reclamar que se introduza modificación algunha neles baixo ningún pretexto de error ou omisión. Nos custes da man de obra e rendementos tense en conta o determinado no vixente Convenio da Construción da Provincia. Os custes dos materiais son os habituais da zona. VI.- ESTUDO BÁSICO DE SEGURIDADE E SAÚDE Tal e como se indica no Anexo 3, inclúese no presente proxecto un Estudo Básico de Seguridade e Saúde nas Obras de Construción, xustificando a súa aplicación en base aos seguintes condicionantes: • O presuposto de execución por contrata incluído no proxecto é inferior a 450.759,08 euros (75.000.000 pesetas). • En ningún momento se empregan máis de 20 traballadores simultaneamente.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.