ACTA DE ESTUDO DE DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA AO CLASIFICADO EN PRIMEIRO
LUGAR E PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO
SIMPLIFICADO CUN ÚNICO CRITERIO DE VALORACIÓN (FACTOR PREZO) DAS OBRAS
DE: MELLORA DE VIARIO EN GUITIANDE (POS + ADICIONAL 2/2026).
Asistentes:
Presidente: Pablo Lago Sanmartín, alcalde.
Vogais:
-. Javier Nieves González, secretario.
-. Luis Taboada Hervella, interventor.
Secretario: Julio Mallo Nieto, informático municipal.
Non asiste:
Mª Dolores Torrado Ares, técnica de administración local, de baixa por ILT.
Na Casa do Concello de Brión sendo as 14,45 horas do día 21 de outubro de 2026, reúnese a
Mesa de Contratación designada para a contratación mediante procedemento aberto
simplificado das obras referenciadas.
Constitúe o obxecto da reunión proceder ao exame da documentación aportada pola empresa
clasificada en primeiro lugar no procedemento arriba indicado, ao obxecto de comprobar que a
mesma cumpre cos requisitos necesarios para propoñer ao órgano de contratación a
adxudicación da devandita obra.
Con data 14 de outubro de 2026 a Mesa de Contratación estableceu a clasificación de ofertas e
requirimento de documentación á empresa clasificada en primeiro lugar EXCAVACIONES
MIDÓN S.L, que foi notificado a través da Plataforma de Contratación do Sector Público o 15
de outubro de 2026 á empresa clasificada en primeiro lugar.
Con data 21 de outubro de 2026 a empresa clasificada en primeiro lugar, EXCAVACIONES
MIDÓN S.L., presenta en prazo a través da Plataforma de Contratación do Sector Público
(PCSP) e na tesourería municipal, a seguinte documentación:
-. Garantía definitiva por importe de: 4.107,29 euros constituída mediante seguro de caución.
Comprobados os datos que figuran no certificado de inscrición da empresa a día de hoxe no
Rexistro Xeral de Contratistas de Galicia.
A Mesa de Contratación analizada a documentación presentada polo clasificado en primeiro
lugar, considera que cumpre cos requisitos necesarios para que lle sexa adxudicada a
devandita obra.
Á vista da documentación presentada a Mesa de Contratación, por unanimidade dos seus
membros presentes, ACORDA:
Primeiro.- Trasladar ao órgano de contratación proposta de adxudicación das obras de
MELLORA DE VIARIO EN GUITIANDE (POS + ADICIONAL 2/2026), á empresa
EXCAVACIONES MIDÓN S.L., con NIF: B15494388, polo prezo de: 99.396,30 euros, IVE
incluído, así como no resto das condicións establecidas no prego e na oferta presentada pola
empresa adxudicataria, por considerar que resulta a oferta máis conveniente para o concello
por ser a que incorpora o prezo máis baixo en aplicación dos criterios de adxudicación dos
pregos, ao ser o único criterio o prezo.
/gro.noirbedollecnoc.edes//:sptth
.omsinagrO
led
acinórtcelE
edeS
al
ne
elbacifireV
Fu8gYsqHBpxtRj3MuCPO
:DVC
Remata o acto sendo as 15,02 horas.
Non formulándose reclamación de ningún tipo, esténdese a presente acta que logo da súa
lectura, asina a Mesa de Contratación en proba de conformidade, do que como secretario,
certifico.
/gro.noirbedollecnoc.edes//:sptth
.omsinagrO
led
acinórtcelE
edeS
al
ne
elbacifireV
Fu8gYsqHBpxtRj3MuCPO
:DVC
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.