Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Providencia de inicio - memoria xustificativa da necesidade. Antecedentes: 1º) Por acordo do Pleno do 04.02.2026 aprobouse a participación do concello no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) ”POS + 2026” da Deputación da Coruña, aprobándose xunto ao Plan base o Plan complementario do ano 2026, no que se inclúe o investimento financeiramente sostible que a continuación se indica, e aprobar o correspondente proxecto: -. MELLORA DE VIARIO EN GUITIANDE, cun orzamento de: 106.420,13 euros. 2º) Este Plan complementario pasou a denominarse pola Deputación POS + Adicional 2/2026 por maior achega provincial, acordándose por resolución da alcaldía do 04.05.2026 participar na 1ª fase con esta obra. 3º) Esta 1ª fase do POS + Adicional 2/2026 por maior achega provincial, considerouse definitivamente aprobada por resolución do Presidente da Deputación, segundo circular da Deputación de setembro de 2026. As necesidades a satisfacer son as que figuran no proxecto descrito, consistindo as obras en resumo, en actuacións de reparación do pavimento e obras de drenaxe asociadas nun camiño de titularidade municipal xa existente, sendo necesario para o cumprimento das competencias municipais (art. 25.2.d. e 26 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local). Dadas as características e o valor estimado da obra segundo o art. 101 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en adiante LCSP) que se corresponde co prezo de contrata menos o IVE, considérase como procedemento máis axeitado para a súa adxudicación o procedemento aberto simplificado mediante a aplicación de fórmulas. Á vista das competencias que me confire a Disposición Adicional segunda da LCSP, dispoño: 1º) Iniciar o procedemento de adxudicación do contrato de obras sinalado e realizar a contratación da obra: MELLORA DE VIARIO EN GUITIANDE, cun orzamento de: 106.420,13 euros, por procedemento aberto simplificado (mediante a aplicación de fórmulas) previsto no art. 159 da LCSP cun único criterio de valoración, o factor prezo, mediante anuncio no perfil de contratante do concello, consonte co disposto no prego tipo da Deputación por procedemento aberto simplificado (mediante a aplicación de fórmulas), cun único criterio de adxudicación, o factor prezo, que resulta de obrigado cumprimento, segundo o disposto nas bases reguladoras deste plan. 2º) Que se incorporen os pregos de cláusulas administrativas particulares mediante procedemento aberto simplificado (mediante a aplicación de fórmulas) previsto no art. 159 da LCSP cun único criterio de adxudicación, o factor prezo, segundo pregos tipo da Deputación, xunto co anexo I do cadro de características do contrato. 3º) Que emita informe secretaría sobre o procedemento a seguir e sobre os pregos de cláusulas administrativas particulares unha vez incorporados ao expediente. /gro.noirbedollecnoc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV c2tGb/8WWrqx6mT77iMM :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.