Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
DECRETO. Antecedentes. 1.- Mediante providencia da alcaldía iniciouse o procedemento para contratar a obra de: MELLORA DE VIARIO EN GUITIANDE, cun orzamento de: 106.420,13 euros, IVE incluído, que se atopa subvencionada ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS + Adicional 2/2026, da Deputación da Coruña, ordenando emitir os informes preceptivos. As necesidades a satisfacer son as que figuran no proxecto descrito, consistindo as obras en resumo, en actuacións de reparación do pavimento e obras de drenaxe asociadas nun camiño de titularidade municipal xa existente, sendo necesario para o cumprimento das competencias municipais (art. 25.2.d. e 26 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local). FUNDAMENTOS DE DEREITO. 1.- A aprobación dos pregos de cláusulas administrativas particulares é competencia do órgano de contratación segundo o art. 117 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (en adiante LCSP). 2.- Consonte co disposto nos artigos 131,146.1 e 159.1 da LCSP a forma de adxudicación deste contrato será polo procedemento aberto simplificado. 3.- O artigo 117 da LCSP regula a aprobación do expediente de contratación. 4.- O valor estimado do contrato non supera os límites cuantitativos establecidos no apartado 1º da Disposición Adicional Segunda da LCSP, polo que corresponde a competencia para a súa adxudicación á alcaldía. Vistos os informes preceptivos de secretaría e de intervención, no uso das atribucións que me confiren as disposicións en vigor, resolvo: 1º) Aprobar o expediente de contratación e iniciar a licitación por procedemento aberto simplificado (mediante a aplicación de fórmulas) previsto no art. 159 da LCSP cun único criterio de adxudicación, o factor prezo, mediante anuncio no perfil de contratante do concello, realizándose como unha unidade contractual, non dividíndose en lotes polos seguintes motivos de acordo co artigo 99.3 da LCSP: -. Dificultaría a correcta execución do investimento desde o punto de vista técnico. -. Provocaría problemas de coordinación na execución das diferentes prestacións. 2º) A Mesa de Contratación será a permanente do concello cuxa composición figura no PCAP. 3º) Aprobar o prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) tipo da Deputación da Coruña, polo procedemento aberto simplificado (mediante a aplicación de fórmulas) previsto no art. 159.1 da LCSP, cun único criterio de adxudicación, o factor prezo, que ha rexer no contrato, asinado por esta alcaldía con data 18.09.2026, de utilización obrigatoria segundo as normas do plan sinalado. 4º) Autorizar o gasto por importe de: 106.420,13 euros, con cargo á aplicación: 1532.61900 do orzamento onde existe retido crédito por intervención. /gro.noirbedollecnoc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV mdaYmjZmDUxf5lxCIX6V :DVC 5º) Publicar o anuncio de licitación no perfil de contratante para os efectos da presentación de ofertas polos licitadores. /gro.noirbedollecnoc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV mdaYmjZmDUxf5lxCIX6V :DVC