PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
BRIÓN – A CORUÑA PROXECTO DE: MELLORA DE VIARIO EN GUITIANDE AUTOR: Pablo Blanco Ferreiro Enxeñeiro de Camiños, C. e P. Col. Nº.: 22.992 DATA: XANEIRO DE 2026 POLÍGONO DEL TAMBRE - VÍA LA CIERVA Nº 15 T 1 el 5 é 8 f 9 o 0 n o - : ( S 9 A 8 N 1) T 5 I 7 A 0 G 7 O 7 0 D - E F C ax O :( M 98 P 1 O ) S 5 T 7 E 0 L 1 A 1 1 ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, S.A. e-mail: estudiotg@estudiotg.es Ref: 10BN26002 MEMORIA ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA PROXECTO DE: MELLORA DE VIARIO EN GUITIANDE (BRIÓN - A CORUÑA) I.- ANTECEDENTES Redáctase o presente Proxecto a petición do Excmo. Concello de BRIÓN, coa finalidade de presentar ante os Organismos Competentes, ao obxecto de solicitar as oportunas subvencións que lle permitan executar as obras á maior brevidade posible. II.- DESCRICIÓN DAS OBRAS E XUSTIFICACIÓN DA SOLUCIÓN ADOPTADA As actuacións contidas no presente Proxecto contemplan a mellora da capa de rodaxe dun viario en Guitiande, que se divide en dous treitos de 340 x 3,50 metros e 95 x 5,60 metros xunto con 100 m2 de abanicos e sobreanchos, e e a creación dunha senda peonil na marxe esquerda. Para a mellora da capa de rodaxe disporanse 5 cm. de mestura bituminosa en quente tipo AC 16 suf 50/70 D, coa correspondente rega de adherencia e previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes mediante 10 cm. de grava e tratamento asfáltico semiprofundo. A senda peonil, de dimensións 240 x 2,00 metros pavimentarse mediante 20 cm de zahorra e 15 cm. de formigón con mallazo. No exterior da mesma disporase un bordo de formigón prefabricado. Baixo a senda executarase unha rede de drenaxe composta por canalización de polipropileno de 400 mm. de diámetro, pozos de rexistro e sumidoiros. Tamén se disporá canalización de polipropileno de 90 mm. de diámetro e arquetas prefabricadas en previsión dun futuro soterramento da rede de alumeado público. As actuacións complétase coa apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, a sinalización horizontal da vía e a colocación de 2 sinais de STOP. ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA Nos planos, cadros de medicións e presupostos, especifícanse as unidades de obra a realizar, así como as características, dotacións e dimensións dos materiais propostos. En función das necesidades e pretensións municipais, dispoñibilidades orzamentarias, estado das obras e resposta de actuacións similares na zona, considérase que as unidades presupostadas representan a solución máis acorde co fin a acadar. III.- CONDICIÓNS DOS MATERIAIS O Prego prescribe as condicións que han de cumprir os materiais. Cando para a súa descrición se utilicen marcas comerciais, enténdese que poden ser substituídas, en todo caso, por outras de características semellantes ou superiores, aínda que non figure así na descrición incluída nalgún dos apartados deste Proxecto. IV.- NORMAS CONSTRUTIVAS Esixiranse as normas construtivas que aparecen no Prego de Condicións, ademais das incluídas nas normas de carácter xeral vixentes. Nos prezos unitarios entenderanse incluídos os medios auxiliares, ferramentas e dispositivos necesarios para a completa terminación da obra. As unidades de obra deben estar totalmente terminadas aínda que algúns elementos non aparezan taxativamente determinados nos Cadros de Prezos e Presupostos. V.- PREZOS O cálculo dos prezos das distintas unidades de obra realizase considerando custes directos e indirectos precisos para a súa execución.

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.