Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
Memoria xustificativa de contrato Mellora de pavimentación en Amarelle. Fase I (POS+2026 AD2a) Memoria xustificativa do contrato A publicar no Perfil de Contratante, artigo 63.3 a da LCSP Obra/investimento/Obxecto Mellora de pavimentación en Amarelle. Fase I Plan/Convenio/Orde Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de concellos) POS+ 2026. POS+2026 AD2a Orzamento total 57106,45 € (21 % IVE engadido) Esta memoria xustificativa redáctase en cumprimento do artigo 116, (en relación co artigo 28), Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, (BOP núm. 272 do 09/11/2017), (en diante LCSP), e o artigo 73.2 do Real decreto 1098/2011, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (en diante RXLCAP), (BOE núm. 257 do 26/10/2001). 1.- Introdución A dispersión da poboación municipal en máis de 135 núcleos obrigou a crear unha malla de itinerarios cuxo acondicionamento e conservación é fundamental para manter o patrimonio viario. As vías de circulación vense sometidas a diversos factores como o tráfico rodado, as condicións meteorolóxicas ou o impacto de obxectos alleos a elas, entre outros. Isto xera unha tensión para o composto do firme, obrigando a desenvolver diversas patoloxías. A redución do déficit en servizos e equipamentos detectados na Enquisa de Infraestrutura e Equipamento Local é un dos obxectos primordiais do equipo de goberno. 1.1.- A descrición da situación actual. Situación. Logo das pescudas realizadas na infraestrutura e no viario municipal advírtense numerosas e importantes deficiencias que cómpre resolver. A problemática da infraestrutura viaria municipal: En estradas de firmes e pavimentos: as deformacións, as roturas, os desprendementos, as sudacións (exudacións). As deficiencias que se advirten:  As deformacións: rodeiras e fochas. A resistencia insuficiente da mestura, xerando un afundimento nesa zona, especialmente cando se lle unen as altas temperaturas.  As fochas. A mala execución ou danos nas capas inferiores son as principais causas.  As roturas. As facturas nos firmes. As gretas, o cuarteo.  Os desprendementos. A perda de material nas diferentes capas que conforman a estrada. Fochancas. Trátase de cavidades de diversos tamaños e profundidade provocados por imperfeccións, desintegración ou arranques de compostos pola acción do paso dos pneumáticos. É unha das patoloxías que máis incómodas resúltanlles aos condutores e usuarios das vías. Páxina 1 de 19 )00:02:01 6202/01/10 :AHCEF( ariednaL ramoR otreblA ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /se.abmocatnas.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV kPU9AMo2DJgyDe6qigx6 :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.