Acta del órgano de asistencia

Otros Documentos Ver licitación
Servizo de Contratación e Patrimonio ACTA DA SESIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN PERMANENTE DO CONCELLO DE FERROL Procedemento Procedemento aberto simplificado/único criterio obxectivo de valoración/ trámite ordinario Obxecto Contratación da obra de Mellora das redes de abastecemento e saneamento na Rúa Lousas, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. POS+ADICIONAL 2/2025 (1ª FASE) Número expediente AVS 03109 26/27 Cívidas nº 2025002946 Lugar Sala de Comisións do Concello de Ferrol Data 14 de setembro de 2026 Hora de inicio 11:24:00 Hora de remate 11:38:00 Presidente: Don Javier Pastor Díaz Mosquera, concelleiro delegado de Contratación e Patrimonio, Organización Interna, Fomento, Emprego, Promoción Económica e Fondos Europeos. Vocais: Dona Ana Elisa Quindós Lindín, xefa do servicio de Contratación; don José Tomé López , concelleiro delegado da área propoñente (Obras); dona Ana Mª Vázquez Fernández, directora da oficina xurídica; dona Rosario Vázquez Fernández, interventora municipal e dona Guadalupe Rivas Dopico, xefa de negociado da área propoñente do contrato (Vías e Obras) Secretaria Dona Flor Maceiras Pérez, xefa de negociado do servizo de Contratación. A Presidencia da por iniciado o acto ORDE DO DÍA 1.-Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (celebrada e suspendida en data 17/08/2026) Aprobouse co voto favorable dos membros asistentes con dereito a voto que participaron na sesión anterior. 2.- Calificación da documentación presentada polo proposto á que se refire a clásula 16 do PCAP. Adopción dos acordos que procedan. Postos en antecedentes, nos termos que constan na acta da sesión anterior; deuse conta do requirimento, remitido, por medio de PLACE, á empresa proposta á que se refire a cláusula 16 do PCAP que rexe a licitación. NOVAVIAL SL, presentou documentación na Plataforma no prazo e efectos requiridos, A documentación presentada remitiuse a revisión e informe dos servizos técnicos municipais (no relativo á efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a dedicar ou adscribir á correcta execución do contrato). Considerando toda a documentación acreditativa presentada pola empresa NOVAVIAL SL; tendo en conta os datos inscritos nos rexistros oficiais ROLECE/ Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia (nº5198) referidos pola licitadora proposta; a documentación solicitada oficio (inexistencia de débedas tributarias co Concello de Ferrol); considerando a acreditación de clasificación Grupo E Subgrupo 1, Categoría 3 (superior á esixida nos pregos: E, 1, 2); visto o informe técnico desfavorable emitido polo arquitecto técnico municipal, en data 10/09/2026, no que respecta á acreditación documental da efectiva disposición de medios materiais (en Páx. 1/3 M148F7K24VTCG16D:nóicacifirev ed ogidóc oc ,sotnemucod ed nóicacifireV - acinórtcele edeS únem lag.lorref.www//:sptth :ne otnemucod etse ed edadirgetni a racifirev edoP

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.