Autorización Patrimonio Cultural

Otros Documentos Ver licitación
DELEGACIÓN TERRITORIAL DA CORUÑA Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude Servizo do Patrimonio Cultural Expte. XTC-2025-0334.AUI RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO CULTURAL SOBRE INTERVENCIÓN QUE AFECTA A UN BEN DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA EXPEDIENTE: XTC-2025-0334.AUI PROMOTOR: Concello INTERVENCIÓN: Mellora das redes de abastecemento e saneamento, rúa Lousas CONCELLO: Ferrol ANTECEDENTES 1. A solicitude de autorización, remitida polo concello, tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia o día 06.02.2025 (Entrada 12398 / RX 330139). As obras que se pretenden executar veñen definidas no proxecto titulado “Mellora das redes de abastecemento e saneamento na rúa Lousas”, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Sergio Daniel López Orosa e datado en xaneiro do 2025. 2. Consta no expediente informe da arquitecta Servizo de Patrimonio Cultural da Coruña no que se sinala que: “ [...] As obras proxectadas teñen por finalidade a mellora das redes de abastecemento e saneamento da rúa Lousa, dende a estrada DP-3603 ata o seu cruce coa rúa Botana. Preténdese substituír a rede de saneamento unitaria actual por unha rede separativa de pvc, a rede de abastecemento de fibrocemento por unha de polietileno dispostas a ámbalas dúas marxes da rúa e dotada de hidrantes. A rede de saneamento rematará no colector xeral da Malata a carón do río Sardiña, polo que esta rede prolongase pola rúa Botana e cruza a estrada da Malata. As obras implican a retirada das antigas redes e a reposición do firme de calzadas, así como das beirarrúas afectadas. As obras proxectadas inicianse no límite do contorno de protección das dúas casas en baixada a Serantes catalogadas e non teñen incidencia sobre elas. Porén, terán incidencia directa sobre os conxuntos detrás da Malata posto que as redes nas que se intervén pasan xusto por diante das casas e será preciso ademais executar novas acometidas a estas edificación. Tendo en conta que as obras supoñen unha mellora da rede de infraestruturas e que comprenden a reposición de firmes co que mellorará o estado no que estes se atopan, infórmase favorablemente a intervención condicionada ao cumprimento do seguintes requisitos: • Deberán adoptarse as medidas de valado e seguridade oportunas para evitar danos ás casas catalogadas durante a execución das obras. • Recoméndase deixar prevista durante a execución das obras a posibilidade de soterramento posterior de todas infraestruturas dos núcleos non previstas no proxecto achegado para evitar o ter que levantar o pavimento tras a súa execución. • O contorno inmediato aos bens non pode ser utilizado como zona de almacenamento de material ou estacionamento de maquinaria, nin como zona de depósito de residuos de obra”. Rúa Vicente Ferrer, 2 15071 – A Coruña Telf.: 981182657 / 981182210 Fax: 981185891 e-mail: patrimonio.cultura.coruna@xunta.es 1 de 3 8RcATGtVXZnF :EVC evc/lag.atnux.edes//:sptth :nóicacifireV

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.