Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
DONA M.ª DEL CARMEN PIELTAIN FERNÁNDEZ, CONCELLEIRA SECRETARIA ACCIDENTAL DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO EXCMO. CONCELLO DE FERROL. C E R T I F I C O : Que a Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 08 de xuño de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: “19.- PROPOSTA DE APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA DE “MELLORA DAS REDES DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NA RÚA LOUSAS”, INCLUÍDA NO POS+ADICIONAL 2/2025 (1ª FASE) (AVS 03109 26/27). (CIVIDAS 2025002946). Examinada a proposta que eleva o Concelleiro Delegado de Contratación, que textualmente di: “INFORME-PROPOSTA: O concelleiro delegado de Servizos, Obras e Zona Rural remitiu ao Servizo de Contratación a solicitude de inicio do expediente de licitación para a contratación da obra de MELLORA DAS REDES DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NA RÚA LOUSAS, incluida no POS+ADICIONAL 2/2025, xunto coa restante documentación integrante do expediente que foi completada en data 1.06.2026. A Xunta de Goberno Local en sesión de data 6.02.2025 acordou participar no Plan provincial de cooperación ás obras e aprobar o Plan Complementario 2025 e os proxectos dos investimentos entre os que se atopa a obra obxecto deste expediente que finalmente foi incluido no POS+ADICIONAL 2/2025 (1ª Fase). A requirimento da Excma Deputación o proxecto inicialmente aprobado foi modificado presentándose un novo proxecto asinado dixitalmente en data 28.08.2025 que foi aprobado pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 29.08.2025. Consonte o disposto na Circular de aprobación da 1ª Fase do POS+ADICIONAL 2/2025 de setembro de 2025, a contratación das obras farase utilizando os Pregos Tipo de cláusulas Administrativas Particulares que, na actualidade, son os aprobados polo Pleno da Deputación en sesión celebrada o 26 de febreiro de 2021, cuxo texto íntegro foi publicado no BOP nº 42 do 4 de marzo do 2021 (correción de erros no BOP nº 46 de 10 de marzo do 2021) e na páxina web www/dacoruna.gal/contratación/pregos-tipo, debendo cumprimentarse en cada expediente o cadro de características do contrato e os Anexos, no su caso. Figura como Anexo a dita Circular o seguinte cadro de financiación da obra: Código Denominación Deputación Concello Total 2025.2102.0452.0 Mellora das redes 323.626,73 € 0,00 € 323.626,73 € de abastecemento e saneamento na Rúa Lousas Por resolución 2025/42728 de data 11.09.2025 do presidente da Excma. Deputación de A Coruña considéranse cumpridas as condicións ás que foi sometido o investimento. O prazo para a execución dos investimentos rematará o 30 de novembro de 2026. Non obstante este VKS49H5KM0XKN12X:nóicacifirev ed ogidóc oc ,sotnemucod ed nóicacifireV - acinórtcele edeS únem lag.lorref.www//:sptth :ne otnemucod etse ed edadirgetni a racifirev edoP

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.