Informe de necesidade.pdf

Documento Adicional Ver licitación
INFORME DE NECESIDADE N. Expediente 483/2026 F. Apertura 25/05/2026 Código de 2.04.00 clasificación Mellora da capa de rodaxe de camiños en Camanzo; Piloño; Sabrexo; Asunto Besexos; Toiriz; Portodemouros e San Pedro de Losón, no Concello de Vila de Cruces – Pontevedra. De conformidade co artigo 28 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (LCSP) emítese o presente INFORME XUSTIFICATIVO DA NECESIDADE DO CONTRATO, características e importe calculado, co fin de posibilitar a elaboración dos correspondentes pregos de condicións administrativas. Visto o Informe num. 2026-0163, emitido pola Interventora Municipal, Dª Ana Isabel Pérez Vázquez, de data 5 de outubro de 2026, respecto dos recursos ordinarios do orzamento, que ascenden ao importe de 485.133,21 €. Visto o Proxecto técnico redactado por D. Iván Martínez Lorenzo, Enxeñeiro Técnico Agrícola, colexiado n.º 454 do COETA de Ourense, por importe de 193.650,72 € (160.041,92 € + 33.608,80 € de IVE), aportado a través de rexistro xeral de entrada num. 2026-E-RE- 934, de data 15/07/2026. Visto o Documento de Retención de Crédito emitido pola Interventora municipal num. 2026/EP/006667, de data 05/10/2026, por importe de 193.650,72 €. Visto o Informe técnico num. 2026-0131, emitido pola Técnica en Urbanismo, Dna. María Alba López Barreiro asinado con data 09/10/2026, de carácter favorable. Vista a Acta de replanteo previa asinada por D. Iván Martínez Lorenzo, facultativo autor da redacción do proxecto, e por D. Luis Celso Taboada Sánchez, Alcalde, con data 27/05/2026. Visto o Informe xurídico num. 2026-0053, emitido polo Secretario en funcións, con data 09/10/2026, respecto do proxecto técnico. Concello de Vila de Cruces Praza D. Juan Carlos I, Vila de Cruces. 36590 (Pontevedra). Tfno. 986582017. Fax: 986582492 GQD3A4YSASJ77K3L7ZKZEWD47 :nóicadilaV .doC /se.acinortceledes.securcedaliv//:sptth :nóiccerroC 01 a 1 anixáP | ocilbuPse anoitsex amrofatalp a edsed etnemacinortcele odanisa otnemucoD

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.